Optimizada :1024X768
 
 

| Noticias antigas S.D. Presqueiras |

12.Febreiro.2008.-PRESQUEIRAS, 0 – PRADARREI, 1

Despois de bastante tempo sen escribir a crónica do partido, esta semana , vémonos de novo con ánimos para facelo. é certo que volvemos a perder, pero, a imaxe que mostramos sobre o terreo de xogo, nada ten que ver coa dos últimos partidos.
Este domingo, con un tempo máis propio do mes de maio que do de febreiro, enfrontáronse no Campo do Iglesario, o Presqueiras e o Pradarrei. Despois dunha certa tardanza, motivada polas dificultades do árbitro para atopar o campo, dou comezo o partido. Xa dende o principio, se veu que o Presqueiras, era outro; ó contrario que nos últimos partidos, o equipo local, quixo o balón, non nos “queimaba nos pés”, e en defensa tampouco tiñamos gañas de complicarnos.
Con esta situación que nos trouxo á mente os primeiros partidos da tempada, transcorreu case que toda a primeira metade, tan só trabada por unha pequena indecisión de Tebi, que nos costou, o que ó final ía ser o único gol do partido.
Sen embargo, ó contrario que en outras ocasións, este gol non foi un lastre para o Presqueiras, xa que vendo o noso posicionamento no campo, daba a impresión de que o gol do empate non podía tardar en chegar; non foi así, porque outra vez a nosa falta de pegada, nos impide completar o bó traballo que se fai no campo. Na segunda metade, podemos contabilizar varias ocasións de gol, que non fomos quen de materializar, quizais, pola falta dun dianteiro-centro puro ( adiante, temos xente moi loitadora pero con pouco gol).
Sen embargo, e pese á derrota, este domingo, saimos do campo con un mellor sabor de boca, porque polo menos, puidemos presencar un bó partido, xogado con intelixencia, e sobre todo, con unha moi boa actitude que era o que botábamos en falta últimamente.
Polo Presqueiras, xogaron: Tebi, Paco, Kiko( Sindo), Sergio(Guzmán), Simal, Jose Rivas, Diz( Otero), Marcos, Alex( Fran), Diego e Cendón.

O próximo partido, será en Puentecaldelas o domingo día 17, ás 17:30h; esperemos que sigamos con esta actitude, que de ser así, seguro que voltamos cun resultado moi positivo.
(Información: V.Búa.M).

05.Febreiro.2008.-

Como se pode comprobar, as últimas semanas non publicamos a crónica dos partidos da S.D. Presqueiras; non é que non se disputasen, o que pasa é que o “espectáculo” ofrecido polo Presqueiras, non invita a florituras.

O Figueirido, meteunos catro, o Caroi, outros catro, o Santomé, 5 e este domingo o Marín, 6. Ademáis a sensación deixada polo equipo é bastante amarga; parece que salimos ó campo con medo, con dous ou tres xogadores menos que o rival, e esperando a que nos metan dous goles para que entremos no partido, e cando entramos, non sabemos qué facer, en boa medida, porque levamos dende o mes de novembro sen entrenar, e vaia se se nota!!!

Ademáis, este domingo, presentámonos no campo cn 12 xogadores, ca cal, se físicamente xa non estamos demasiado ben, imáxinádevos como acabaron o partido estes homes. E os que estábamos fora, mirando impotentes cómo ían caendo os goles ante un equipo teóricamente fácil

Vista esta situación, dende a dirección do equipo, vemonos obrigados a tomar certas medidas que lles iremos facendo chegar os xogadores este fin de semana, xa que non é normal que dunha plantilla de 25 xogadores, tan só nos presentemos 12 no campo. Agora entendemos a qué se refería a anterior directiva cando falaba de falta de seriedade e de compromiso.

Seguiremos informando das novas; de momento, decirvos que o vindeiro domingo, xogamos en Presqueiras ás 16:15h; dende aquí, volvemos a facer un chamamento á afección, a que nos axudedes a superar estes momentos difíciles. Ata pronto.
(Información: V.Búa.M).

14.Xaneiro.2008.- FIGUEIRIDO, 4- PRESQUEIRAS, 0

Derrota sen obxecións a sufrida este domingo pola S.D. Presqueiras; o Figueirido, sen mostrarsedemasiado superior no apartado técnico, sí que o foi na parte física, onde os xogadores do Presqueiras acusaron o parón de Nadal(case 1 mes)

O partido pronto se lle puxo de cara ó Figueirdo, que os 30 minutos da primeira metade, xa gañaba por 2-0. A partir deste segundo gol, foi cando o Presqueiras desarrolou o seu mellor fútbol, pero sen crear demasiadas ocasión de gol, e máis cando no minuto 35, Cendón caeu lesionado. A segunda metade, comezou cmo acabou a primeira, co Presqueiras xogando ben e o Figueirido creando ocasión de gol que Roberto, que hoxe defendía a portería do Presqueiras, se encargaba de desbaratar. Pero, ó redor do minuto 20, o árbitro sinala un dubidoso, ainda que xustificable penalti a favor do Figueirido que ainda que Roberto estivo a piques de detelo, se convirteu no 3-0. A partir de ahí, a condición física, fixo que o Presqueiras dese o partido por perdido encaixando un gol máis nunha acción puntual do Figueirido que tampouco puxo moita ambición nos últimos minutos.

O árbitro, nesta ocasión estivo perfecto, ainada que hai que dicir que o partido era fácil de arbitrar.
Polo Presqueiras, xogaron: Roberto, Paco(Juan), Kiko, Sindo, Sergio, Otero, Simal(Juan Ramón), Jose Rivas, Marcos, Cendón(Diego) e Alex.
(Información: V.Búa.M).

17.Decembro.2007.- S.D. Presqueiras, 2 - C.D. Soutomaior, 3

Precioso partido o disputado este domingo no campo de Presqueiras entre a S.D. Presqueiras e o C.D. Soutomaior; se ben hai que decir que o resultado é engañoso porque a S.D. Presqueiras non mereceu perder este partido e só unha moi mala actuación arbitral foi quen de arrebatar a victoria ó equipo local.

O partido pronto se nos puxo de cara e así cando levabamos pouco máis de 10 minutos de xogo, Marcos despois dunha xogada de toque no centro do campo, consegue o primeiro gol. A partir de ahí, o partido pasa a xogarse onde o Presqueiras mellor se manexa: o centro do campo, sen apuros na portería de Tebi e creando algunhas ocasións de gol na portería do Soutomaior.
Sen embargo, cando levabamos media hora de xogo, chega a primeira xogada polémica: un xogador do Soutomaior, recibe un balón no lateral da área do Presqueiras, é obstaculizado por Guzmán pero consegue lanzar a portería e sen embargo o árbitro pita un penalti que ninguén ve (nin siquera os adversarios); o penalti trnsformao o Soutomaior sendo o 1-.
Pero o partido, continuaba onde o Presqueiras quería; así, no minuto 43, unha internada de Cendón na área culminaría cun gran disparo que se ía converter no 2-1.

Tralo descanso, mais do mesmo; futbol pero controlado polo Presqueiras; tan so unha pequena indecisión da defensa local servíu para que o Soutomaior conseguise o empate; esta xogada tamén foi protestada tanto polo público como polos xogadores do Presqueiras, xa que o autor do gol, no momento de recibir o balón pode que estivese en fora de xogo.
Tras esto, comezan a aparecer problemas: no minuto 59, lesionase o porteiro local; hai un lixeiro parón que fai que o Presqueiras se vaia un pouco do partido; non obstante pese a non dominar, tampouco pasa grandes apuros e mesmo crea algunhas ocasións de gol.
Cando parecía que xa se ía acabar o partido con empate a dous goles( xa se pasaran os 5 minutos que o árbitro fixara como desconto) o Soutomaior, aproveita un barullo na área para marcar o 2-3 definitivo; sen tempo para máis, xa que nin se sacou de centro, remata un partido no que a S.D. Presqueiras mereceu algo máis.

Polo Presqueiras xogaron: Tebi( Fran), Paco(Juan Ramón), Kiko, Guzmán, Otero, Simal, Jose Rivas(Sindo), Sergio, Cendón, Marcos e Alex(Juan).

O árbitro, foi Juan José Garrido Canosa, e tivo unha actuación moi desacertada que perxudicou en gran medida á S.D. Presqueiras.
O próximo partido, será en Figueirido, o vindeiro 13 de xaneiro, xa que a Liga para en Nadal; esperemos que este parón non afecte ó xogo do equipo, xa que se se xoga como hoxe e a sorte nos acompaña un pouco, os resultados ten que chegar.
BO NADAL!!!. (Información: V.Búa.M).

10.Decembro.2007.-ATL. FORCAREI, 2 – S.D. PRESQUEIRAS, 0

Partido entretido o disputado no campo de Forcarei, onde o equipo local conseguíu os tres puntos sen facer moitos méritos para elo; foille suficiente con esperar algunha xogada individual dos seus xogadores; enfrente estaba o equipo de Presqueiras, que por momentos desplegou un bó fútbol, pero que por falta de gol, ese bó fútbol non ten máis resultados.

O partido, comezou cun Presqueiras metido atrás, mal colocado no terreo de xogo e eso aproveitouno o Forcarei para acosar a portería do Presqueiras; así, no minuto 20, o árbitro, sinala unha falta bastante dubidosa na frontal da área, e no lanzamento, Jorge consegue o 1- 0. A parrir de ahí, o Presqueiras desperta e comeza a facer o fútbol que nos ten acostumados nesta tempada: fútbol bonito, de moito toque pero que cando se achega á área rival, non sabe que facer co balón; para máis desgracia, mediada esta primeira metade, o único central natural que nos queda sen lesionar(Guzmán) tense que retirar por molestias; o mesmo lle sucede a Kiko. Con esta situación, o entrenador ten que retrasar a posición de Cendón e mandalo ó centro da defensa; deste xeito, perdemos o pouco perigo ofensivo que tiñamos por aquel momento.

Na segunda metade, a situación é a mesma: o Presqueiras puxo o fútbol (sen goles) e o Forcarei limitouse a defender o resultado e a sair á contra; así, no minuto 80, conseguíu sentenciar un partido, no que o resultado máis xusto houbera sido un empate a cero goles.

Polo Presqueiras, xogaron: Tebi, Kiko(Juan Ramón), Paco, Guzmán(Juan), Otero, Simal, Jose Rivas, Chama(Xesús), Cendón, Marcos, Alex(Roberto)

O árbitro, foi Carlos Fontán Ruiz, e tivo unha actuación totalmente correcta.
O próximo partido, será o vindeiro domingo 16 de decembro contra o Soutomaior en Presqueiras ás 16:00h.
(Información: V.Búa.M).

03.Decembro.2007.S.D. Presqueiras, 2- U.D.C. Vilaboa, 0

Entretido partido o disputado este domingo no campo do Iglesario, onde a S.D. Presqueiras voltou á senda das victorias despois de 4 derrotas consecutivas.
O partido comezou cun Presqueiras moi ben posicionado en todas as súas liñas e creando ocasións de gol(Alex, Dani, Chama) pese á abafante presión do Vilaboa que comezaba a presionar xa dende á liña defensiva do Presqueiras; pouco a pouco o rival, vendo que esa presión non lles daba resultado, comezou a baixar o ritmo e o Presqueiras, dominou sen demasiados apuros toda á primeira metade; tan só uns pequenos contragolpes que a defensa local se encargaba de desbaratar.

Na segunda metade, quizás acusando as lesións(Kiko, Paco e Jose Rivas estaban “tocados”) comezamos un pouco lentos e faltos de intensidade, algo que o rival aproveitou para crearnos ocasións claras de gol, que por acerto da defensa e de Tebi, ou ben por desacerto dos xogadores do Vilaboa, non supuxeron maior castigo para o Presqueiras.
Ó redor do minuto 20 desta segunda metade, nunha xogada desgraciada e froito dun encontronazo cun rival, Bruno entre obstensibles mostras de dor, cae lesionado(ten un esguince de nocello e un traumatismo no primeiro dedo do pé dereito). Se ben se trata dunha xogada desgraciada, xa que perdemos por 15-20 días a un xogador, servíu para parar o partido e que trala reanudación o Presqueiras recuperase un pouco o dominio do balón; así nunha típica xogada de tiraliñas, Alex correu un balón e case dende a liña de fondo enganchou unha volea que se colou dentro da portería rival; acabábase así unha seca goleadora que duraba case que 400 minutos.
Pouco despois de sacar de centro, outra xogada de Chama pola banda esquerda acaba cun centro á área que recibe Juan Ramón no segundo pau e que remata conseguindo ó definitivo 2-0.
De ahí ata o final, pouco máis; o rival, dispuxo de un par de ocasións, pero sen demasiado perigo. O Presqueiras, defendeu o resultado e lanzou algún contragolpe pero sen conseguir máis resultado.

Polo Presqueiras, xogaron: Tebi, Paco(Fran), Kiko, Guzmán, Chama, Dani, Jose Rivas(Otero), Simal, Cendón, Bruno(Juan Ramón), e Alex.

O árbitro, foi José Aldao Iglesias e tivo unha actuación correcta; se ben, hai que dicir que a actitude de todos os xogadores, foi excelente.

O próximo partido, será o vindeiro domingo en Forcarei, ás 16:00h.
(Información: V.Búa.M).

26.Novembro.2007. XUV DE CARBALLEDO, 1- SD PRESQUEIRAS, 0

Partido moi disputado o xogado este domingo no campo de As Estremas, en Carballedo e de onde a SD Presqueiras regresou cunha derrota pola mínima que non reflexa o que se viu no terreo de xogo.
O partido estivo moi dominado pola SD Presqueiras dende o principio, e ainda que as veces se xogaba bastante cerca da portería, tampouco se pasaron demasiados apuros gracias á boa colocación defensiva; se ben, hai que dicir que ofensivamente a SD Presqueiras tivo pouca presencia e menos resultados e eso foi o que nos privou de volver de Carballedo con algún punto. O gol do Carballedo, chegou no minuto 80 de partido nunha xogada con varios rechaces na área do Presqueiras.

Polo Presqueiras, xogaron: Tebi, Sindo, Cendón, Kiko, Otero, Jose Rivas(Xesús), Bruno, Felipe(Alex), Juan, Dani e Chama(Juan Ramón)

O árbitro, foi Antonio Manuel Garrido Canosa e estivo moi correcto , pese a que nos minutos finais e con ánimo de perder tempo, o equipo local tratou de complicarlle o partido.

O próximo partido, será no campo de Presqueiras o vindeiro domingo ás 16:00h ; o rival será o Vilaboa.
(Información: V.Búa.M).

18.Novembro.2007.Moraña CF-1 S.D. Presqueiras-0

Vergonzoso espectáculo o ofrecido polo árbitro neste partido no que a S.D. Presqueiras sufreu 5 expulsións e varias tarxetas amarelas.

O partido, mentres o árbitro o permitiu, foi un partido bonito con dous equipos xogando ó futbol, creando ocasións e con un xogo limpio que non mereceu, nin moito menos, as sancións que ese señor que actuaba como árbitro dictaminou.

A S.D. Presqueiras xogou dende o minuto 27 da primeira metade con un xogador menos pola inxusta expulsión de Guzmán, ainda así durante toda a primeira metade, veuse un bó partido, gracas a actitude dos xogadores dos dous equipos, con ocasións de gol para os dous.
Na segunda metade, xa chegou a “catástrofe arbitral”; expulsión de Roberto(entrenador) por falar con un dos seus xogadores; expulsión de Simal: ainda non sabemos porqué; expulsión de Paco por encararse con un contrario que se acordou da nai do xogador do Presqueiras; ainda así, con 8 xogadores sobre o terreo de xogo o Presqueiras defendeu o 0-0 sen demasiados apuros gracias á colocación dos xogadores que aindaquedaban sobre o terreo de xogo. Tan só no minuto 80, un erro de marcaxe motivado polo nerviosismo, seviu para que o Moraña marcase un gol; 1-0
Pero a seguinte xogada , ía ser a última do partido; sen saber moi ben o porqué (un pequeño empurrón) servíu para que Marcos vise a segunda tarxeta amarela e fose tamén expulsado. Ó mesmo tempo, Sindo caía lesionado, polo que o partido se suspende no minuto 84 co resultado de 1-0 no marcador.
A partir de agora, non sabemos o que vai a pasar: qué resultado van a contabilizar, se se vai a xogar o tempo que falta. Sabemos que dende a S.D. Presqueiras vamos a presentar os correspondentes escritos de queixa.
E viñemos con un mal sabor de boca, porque fixemos un gran partido (nun campo de herba precioso), que un señor se empeñou en estropear. Sen embargo, servíu para ver que o resultado da semana pasada, tan só foi un grave erro puntual que seguramente non se vai a repetir.

Polo Presqueiras xogaron: Tebi, Paco, Guzmán, Sindo, Otero(Xesús), Simal, Marcos, Jose Rivas, Juan(Chama), Alex(Cendón) e Bruno(Juan II).
O que fixo de árbitro, foi José Carlos Fernández Treviño. Tal e como lle fixen saber a él mesmo, foi a peor arbitraxe dos últimos anos (protestado incluso pola afeción local, á cal privou de ver un gran partido); esperemos non volver a encontrarnolo.

O próximo partido, será no campo do Carballedo, o vindeiro domingo ás 16:15h.
(Información: V.Búa.M).

11.Novembro.2007.-SD PRESQUEIRAS, 0- SCD PUENTECALDELAS, 7

Derrota sen paliativos a sufrida hoxe pola SD Presqueiras, ante un gran rival como é o Puentecaldelas; se ben hai que decir que unha derrota por 7 goles, vai moito máis alá de que o rival sexa un bó equipo; algo tivo que fallar no derrotado para que se dese ese resultado, máis cando os dous equipos están a competir na mesma categoría.
A explicación, do resultado, pasa porque o Presqueiras de hoxe non tivo nada que ver co equipo que viña de gañar catro partidos consecutivos: non xogou pero deixou xogar a un rival que practicaba un fútbol moi directo, que desarbolou a defensa local.

Se ben, ainda que tras o terceiro gol houbo un momento de desánimo, debemos destacar dende aquí, a boa actitude coa que acabamos o partido: correndo e loitando todos os balóns, algo que con un 0-7, non resultaba moi fácil.
Boa afluencia de público, que non serviu para conseguir un resultado mellor.

Polo Presqueiras xogaron: Tevi, Kiko, Paco(Fran), Guzmán(Sindo), Simal, Otero(Jose Rivas), Felipe(Bruno), Cendón, Marcos,Alex(Chama)e Dani.
O próximo partido, será contra o Moraña o vindeiro domingo 18 de novembro; agardemos que o resultado de hoxe nos sirva para reacionar e traer un bo resultado dun campo difícil.
(Información: V.Búa.M).

05.Novembro.2007.- S.D.I. Praderrei, 4- S.D. Presqueiras, 1

Primeira derrota da temporada, ante un rival difícil como é o Praderrei, tanto pola súa calidade como equipo, como pola dureza coa que se empregan.

O partido comezou outra vez co Presqueiras mal colocado sobre o terreo de xogo, e así atopámonos con dous goles en contra en pouco máis de quince minutos; se ben, foi a partires do segundo gol do rival, cando o Presqueiras entrou no partido, xogando como o estaba a facer nos últimos partidos, e así chegou o gol de Simal ó redor do minuto 35 da primeira metade; de ahí ata o final dese primeiro tempo, máis do mesmo: dominio do Presqueiras.

Na segunda metade, cambiaron as cousas; o Praderrei, fíxose co control do partido e aproveitando unha certa descolocación do Presqueiras, creou peligro, obligando a Tebi a empregarse a fondo en varias ocasións. Conforme se achegaba o final do partido, o Presqueiras foise arriba, pero non foi quen de crear demasiado perigo; sen embargo o rival, aproveitando esa circunstancia, conseguíu outros dous goles que sentenciaron o partido.

Polo Presqueiras, xogaron: Tebi, Kiko(Bruno), Paco(Chama), Sindo(J.Rivas), Guzmán, Otero(Juan), Felipe, Simal, Cendón(Michel), Marcos e Dani.

O árbitro, foi José Ramón Alonso Touriño. Ainda que foi bastante discutido polo equipo local, estivo correcto en liñas xerais, pero con imprecisións puntuais que non afectaron nin ó resultado nin o transcurrir do partido.
O PRÓXIMO PARTIDO, será o vindeiro domingo día 10 no campo de Presqueiras ante o Puentecaldelas; será ás 16:15h.
(Información: V.Búa.M).

28.Outubro.2007.-PRESQUEIRAS, 3 – SPORTING DE MARIN, 2

Terceira victoria consecutiva da SD Presqueiras na presente tempada que fai que nos afiancemos no liderato do grupo 17º da 3ª Regional Galega.

O partido disputado hoxe no campo do Iglesario, non vai ser recordado como un gran partido de fútbol, senon como unha merecida e traballada victoria da SD Presqueiras ante un rival incómodo como foi o Sporting de Marín, que en todo momento rexeitou de xogar ó fútbol, e conseguíu que fose este un partido de moitas imprecisións, choques e dun ambiente moi crispado. Con esta dinámica desenvolveuse todo o encontro, polo que resulta difícil redactar unha crónica; tan só dicir que os goles locales os conseguiron, Felipe, Otero e Chama.
Polo Presqueiras, xogaron: Tevi, Kiko, Paco, Guzmán(Sindo), Simal, Marcos, Felipe(Bruno), Otero, Cendón(Juan), Juan(Chama) e Dani.

O árbitro, foi José Angel Barreiro Blanco, ben en liñas xerais, pero con complicacións puntuais(especialmente na recta final do partido) que non se lle presupoñen a un árbitro da súa experiencia. Sen embargo, débese de dicir que a súa actuación non beneficiou nin perxudicou a ningún dos equipos
(Información: V.Búa.M).

15.Outubro.2007.-SD PRESQUEIRAS: 5- SD CAROI: 2

Bonito partido o disputado hoxe no campo de fútbol de Presqueiras, onde o equipo local se mostrou moi superior ó Caroi; a superioridade debeuse á orde e disciplina coa que se empregaron os xogadores do Presqueiras e que, tal e como diciamos a semana pasada, agora xoga como un verdadeiro equipo onde todos xogan para todos e todos se axudan tanto nos erros como nos acertos.
O partido comezou co Presqueiras ben posicionado sobre o terreo de xogo, e o Caroi só conseguía acercarse a portería de Tevi cos saques longos do seu porteiro, pero sen crear demasiado perigo. Mentres tanto o Presqueiras, a base de toque dende o seu campo, achegábase cada vez con máis perigo; así no minuto 15, unha bonita xogada dende o centro do campo, culminouna Felipe co primeiro gol da tarde. Dez minutos máis tarde, empataba o Caroi, froito dun mal entendemento entre a defensa e o porteiro do Presqueiras, quen lonxe de baixar os brazos, seguíu na mesma liña, chegando así un bonito gol de Simal cun certeiro lanzamento de falta. Cinco minutos antes de rematar o primeiro tempo, Bruno aproveitou un erro do porteiro visitante, para marcar o 3-1 co que chegariamos o descanso.

Na segunda metade, mais do mesmo; o Presqueiras gustandose e o Caroi defendendose como podía; así chegaron os dous goles de Alex que puñan o 5-1 no marcador; nunha xogada aillada, o Caroi conseguíu o definitivo 5-2 logo dun xogo perigoso non pitado polo árbitro. E así rematou o partido, no que o Presqueiras, voltou a dar unha alegría á súa afección, que por certo hoxe era bastante numerosa (ó redor de 60 persoas)

A aliñación do Presqueiras, foi a seguinte: Tevi, Paco, Kiko(Sindo), Sergio, Simal, Otero, Marcos, Felipe(Chama)(Xesús), Bruno(Alex), Cendón e Dani.
O árbitro: Juan José Garrido (Pontevedra) cometeu algúns erros, pero en liñas xerais estivo correcto.
(Información: V.Búa.M).

07.Outubro.2007.-Partido SD Presqueiras - SDI Pradarrei

A SD Presqueiras, xogou hoxe un partido amigable co obxectivo de
preparar o inminente comezo do campionato de Liga, que terá lugar o
vindeiro domingo.
O encontro de hoxe tivo como rival á SDI Pradarrei, e xogouse no campo
do rival, de onde regresamos con unha agradable victoria por 0-2 con
goles de Fran e Juan. O resultado é froito dun gran traballo feito por
cada un dos 16 xogadores que entraron na convocatoria, e que despois
de moito tempo, voltaron a xogar como un equipo e non xogando cada un
para sí. E eso que en frente tivemos a un rival que se empleou con tal
dureza que, ó rematar a 1ª metade, lles tivemos que advertir, que de
seguires así, a SD Presqueiras marcharía do campo antes de rematar o
partido.
A verdade é que ver xogar hoxe ós nosos xogadores, obriga a  ser
moioptimistas de cara ó campionato de Liga, esperemos que esta
actitude se manteña, e que así cheguen as victorias.
Dende aquí, queremos facer un chamamento á nosa afección para que este
domingo, nos vaia a apoiar ó campode futbol de Alfonsín, donde a
partires das 16:30h., nos enfrontaremos ó Caroi.
(Información: V.Búa.M).

 

23.Septiembre.2007.-Deixovos unha nota que me chegou o correo de Vicente Bua:

Jose, sería interesante publicar que despois da reunión que tuvemos
hoxe á tarde no campo de fútbol, o equipo segue adiante. Deixan de
levalo Jose Diz e José Blanco e collemolo Fran( o fillo de Vicente) e
mais eu; ademáis Roberto Raposeiras será o entrenador. Imos contar
cunha plantilla de entre 20 e 25 xogadores, que son os da temporada
pasada, máis 4 ou 5 incorporacións. Asimesmo, sería interesante facer
un chamamento á xente para que vaia os partidos. A Liga, empeza o 14
de octubre pero organizaremos uns partidos para este domingo e para o
siguiente(os rivales ainda están por confirmar)
Esto podes poñelo como unha noticia xeral; mais adiante enviareiche
crónicas para que poñas na sección de fútbol.
Ata logo.
(Información: V.Búa.M).

 

07.Mayo.2007.-NOTA:  

Dende a S.D. Presqueiras estamos prácticamente convencidos de continuar para a tempada que ven levando a cabo a nosa actividade co risco que iso supón tendo en conta os nefastos resultados obtidos esta tempada. Non cabe falar agora das causas ou máis ben dos causantes do ocorrido, nen sequera valen lamentacións. Está claro que ás veces hai que mirar moi ben con quen se conta e se vos digo a verdade, non hai moito con quen contar. Por sorte ou por desgracia a nosa ilusión lévanos a crer que para o ano que ven todo irá mellor, sí, claro que sí… tendes toda a razón… somos uns pobres ilusos, quizais non vos enganedes pero cando menos temos iniciativa.

Non pretendo que ninguén valore ou alabe o traballo que facemos, facémolo con gusto, porque Presqueiras merece que se fagan cousas, máis grandes ou máis pequenas, máis ou menos activas, máis ou menos vistosas, pero en definitiva, que se fagan.

Polo de pronto xa estamos cavilando en como imos afrontar a Tempada 2007-2008, cal vai ser o criterio a seguir, cales van a ser as prioridades e quen van ser os colaboradores… Neste último apartado temos que falar de dúas salientables ofertas e vos aseguro que o suficientemente serias como para falar claro, de feito algún xa falou, xa dou unha opinión e a verdade e que ten bastante claro o que quere facer cos xogadores. Ó mellor mesmo paso a ser eu un colaborador e él a levar as rendas…xa veremos.

Na nosa axenda está reunirnos a primeiros de xullo con algúns xogadores clave (ollo non todos), cada un deles por motivos diferentes para escoitálos e para explicarlles o que pretendemos. A partir dese momento comezaremos a construír o equipo. Para ben ou para mal volveremos unha tempada máis a percorrer os campos da Terceira División Autonómica.

Un acertada frase lida fai moito tempo pode ser a clave para non ter medo a ilusionarse: “NON  NOS ATREVEMOS  A MOITAS COUSAS PORQUE SON DIFÍCILES, PERO SON DIFÍCILES PORQUE NON NOS ATREVEMOS” . Lucio Anneo SÉNECA. Así pois, IMOS ALÁ…

12.Marzo.2007.-CAMIÑO DO ESQUECEMENTO


Dende fai xa algún tempo vimos falando da posibilidade de que a Sociedade Deportiva Presqueiras non vai competir para o ano que ven no campionato de liga, agora ben, isto é algo que eu non podo confirmar; pero tampouco nos levemos a engano, o que quero decir é que tanto José Blanco coma Eu mesmo estamos un pouco cansados de traballar para sacar adiante o equipo tempada tras tempada sen que se obteña unha mínima satisfacción, deitándonos cada domingo coa sensación de ser unha marioneta manexada pola ilusión e a esperanza de crer que algún día a ledicia da victoria fará a súa aparición.
Nós os dous temos pendente unha conversación en frío para a toma dunha decisión en canto a nosa continuidade de cara a próxima tempada. Aínda que podo confirmar que está prácticamente tomada. Se ben, isto non ten porque ser un impedimento para a participación no próximo campionato sempre e cando apareza alguén disposto a levar as rendas de todo durante polo menos unha tempada.

Eu pola miña parte xa fixen a solicitude das subvencións pertinentes para o arranxo das instalacións e tamén as correspondentes para o apoio ó deporte federado, coa finalidade de que quen se interese polo equipo non o faga desamparado de todo. Ademáis estaría disposto a colaborar na tramitación do papeleo correspondente á Inscripción do clube para a súa participación e das fichas dos xogadores así como a Mutualidade dos mesmos. Claro que para todo iso hai que empezar a traballar xa porque se precisa unha boa recaudación para afrontar os pagos pertinentes; e resulta que o máis complicado para un equipo coma o noso, é conseguir unha boa financiación.

No caso de non haber ninguén interesado, só me queda decir que o sinto moito por aqueles xogadores que teñen gañas e ilusión por xogar o fútbol. Pregúntome tamén que será de todos os que nos quedemos sen ter onde xogar.

Pero se hai algo que me dá verdadeira pena é que unha entidade con tanta historia e tantas historias vividas, caia no esquecemento. O nome de Presqueiras desaparecerá dos xornais que cada luns daban a nosa clasificación, tamén deixará de pronunciarse en lugares como Soutomaior, Pontecaldelas, A Lama, Tenorio, Cotobade etc… e todos aqueles lugares que tiñan un equipo de fútbol e polo tanto, obrigados a tratar con nós duas veces no ano e mesmo nos visitaban nuha desas ocasións a Presqueiras.

Aquela ilusión coa que se creou esta Sociedade Deportiva parece que vai esmorecendo; quizais sexa un paso máis dos que está a dar o pobo de Presqueiras cara o abandono definitivo. O envellecemento da poboación e a falta dunha auténtica implicación por parte dos xóvenes que temos na nosa man o futuro dun Presqueiras vivo, pode ser a causa desta decepción que estou a sufrir. Eu quero pero non podo, ou non sei, ou simplemente canseime. A min tocoume continuar coa S.D. Presqueiras e a outros facer unha festa, outros levar as Comunidades de Montes ou as de Veciños, pero todo acaba cansando porque sempre hai alguén só nesa loita.
(Información J.M.Diz).

 

22.Febreiro.2007.-¿CASUALIDADE?, ¿ESPELLISMO?, ¿SORTE?...

Espero que ningún destes conceptos sirvan para definir o que pasou o domingo no campo de fútbol de Presqueiras. Quero pensar que a actitude amosada polos xogadores e a intensidade coa que se manifestaron no campo sexa a mesma que nos vai levar a gañar o próximo partido en Caroi, ou cando menos facer un bo partido.
Pois sí, gañámoslle ó Tenorio 2-1. Iso que todo comezou poñéndose costa arriba, primeiro co penalti a favor que fallamos e de seguida co gol en contra poñéndonos con desvantaxa no marcador. Todo facía presaxiar que unha nova derrota do Presqueiras sería o que aparecería na prensa dos luns. Pero... diso nada, os nosos xogadores non se deron por vencidos, non baixaron os brazos como en outras ocasións, desta vez puxéronlle gañas, e intensidade, e foron quen de levantar o encontro, primeiro cun gran gol de Carmelo marchando co empate ó descanso. Xa na reanudación é Marcos, quen aproveitando un balón morto dentro da área contraria (deses que nunca aproveitamos, dito sea de paso) o que marca o segundo e polo tanto o da victoria, a partires dese intre tocou sufrir e o traballo defensivo xunto ás paradas de Roberto lévanos a falar dunha victoria do NOSO equipo. De tódolos xeitos non se fixo un xogo brillante e bonito, de feito cometéronse erros infantís.

Está claro que puido ser só iso, unha casualidade, esperemos que non. Eu o que teño claro é que ese partido xa rematou e agora imos a Caroi, así que o que teñen que facer os xogadores é demostrar que queren xogar no Presqueiras para o ano que ven. Iso depende simplemente de ir gañando partido a partido, senon que vaian buscando equipo, porque a directiva non traballa para que simplemente vaian a ducharse a un vestiario cada domingo. Vamos que para nada me deixo levar pola euforia dese Presqueiras 2 - Tenorio 1.

O que teño que decirvos e que se levou a cabo un  cambio na maneira de afrontar os partidos e de facer as aliñacións onde eu mesmo dei algunha instrucción de cal era o novo criterio a seguir co fin de acabar o máis dignamente posible esta tempada, OLLO!!! EU NON DIXEN QUEN TIÑA QUE XOGAR E QUEN NON, iso queda na man do entrenador. Se algún xogador nalgún momento ten algún tipo de duda ou non está de acordo co cambio (no caso de que perciba ese cambio), que non dude en falar conmigo antes de dirixirse a ningún compañeiro ou o entrenador. Tratarei de explicarlle a situación e se non quere compartir esa idea ten que saber que ata o de agora tampouco eu podía aceptar o que estaba a pasar domingo tras domingo. 
(Información J.M.Diz).

12.Febreiro.2007.-Grazas Otero

Grazas a Otero polos seus ánimos no libro de visitas. Por isto e por moitas outras cousas é polo que teño de sempre claro que él no é o do problema (se chega a estar mellor físicamente sería un dos mellores da categoría). Por certo acabo de ler esta mensaxe hoxe porque dende o mércores 7 estiven ingresado no Domínguez.
A mesma intención coa que escribe estas palabras Otero e a que teño eu cada vez que propoño algo novo para mellorar o nivel do equipo, pero sempre me atopo coa mesma resposta por parte dos xogadores que non se implican nin comprometen o máis mínimo, só os domingos para ir o campo e alí non digo que lle falten ganas, pero as ganas sen control e sen intención non nos levan a ningún lado e xa o teño comprobado dende fai algúns anos.

Por unhas cousas ou por outras case ninguén pode ir a entrenar, e xa non digo para facer un entrenamento intenso, eu falo de correxir erros.
A xente non entra centrada o campo e polo que vexo non ten pensado facelo, polo que eu non estou disposto a lidiar un ano máis este tipo de xogadores.

Este domingo fervíame o sangue no Hospital mentres estaban a xogar en Pontecaldelas, e eu sen saber o que pasaba ata que ó final do partido me chama José Blanco (o da Barreira) para decirme que perdemos 5-0 contra un equipo o que lle gañaramos na primeira volta.
O que queira darlle patadas a unha pelota única e exclusivamente por diversión que busque outro sitio.
O que queira xogar no Presqueiras ten que querer gañar, preparar os partidos co resto do equipo, e comprometerse a mellorar nos aspectos que sexa preciso co fin de non cometer o mesmo erro domingo tras domingo.
De tódolos xeitos, iso dependerá daqueles que formen a directiva do ano que ven.
(Información J.M.Diz).

06.Febreiro.2007.- INFORMACIÓN.

O domingo terá lugar o partido contra o Pontecaldelas, este foi un dos partidos que gañamos na primeira volta. Tal que como está o equipo e os xogadores últimamente dudo que se repita a victoria. Claro que no que queda de semana vou facer todo o posible por motivar a xente, que é do que se trata, xa que pola miña lesión non podo axudar no campo, espero poder facelo dende fóra, intentarei poñerme en contacto con cada un dos xogadores de xeito individual; pero vou aproveitar que temos esta páxina para ir adiantado que é o que lles pido ós xogadores:

Para empezar creo que xa que o único día a semana que lle adican o club é o domingo (só duas horas), deberían facelo con algo máis de seriedade e de interés. A un campo de fútbol hai que chegar mentalizado en querer gañar ó contrario e pensando no partido e non contando as "batalliñas" da noite pasada. Vestir a equipación e saír a quecer centrados no que vai ser o partido, visualizando mentalmente a posición na que vou a xogar, e razoando sobre todos aqueles aspectos nos que estou máis limitado, nos defectos e tratar de non repetir o mesmo erro. Se teño que falar co meu compañeiro de como teño que facer pois falo e escoito o que me din que debo e que non debo facer, enseguida un se ten que dar conta de que hai algún defecto no xogo que lle recriminan sempre, pois haberá que pensar porqué sempre é o mesmo reproche.
Unha vez no campo hai que dar a sensación de equipo e non facer cada un o seu partido. Tratar de animar ó que falla e non facer xestos de desprecio como querendo dar a entender que é moi malo, cando o que temos é que preguntarnos porque estamos xogando en Terceia Rexional se somos tan bos.

A partir de aquí creo que sí que é certo que estamos algo limitados de plantilla por mor dalgunha lesión e dalgún que outro abandono, pero resulta que ó mellor precisamos que se renoven posicións no campo e tratar de darlle maior proxeción a algún xogador en ataque ou ben recurrir a plantexamentos tácticos máis sinxelos e efectivos.
Só quero rematar a tempada con algo de dignidade. Ademáis sei dalgún xogador con moita ilusión e que realmente está con vontade suficiente para tirar para adiante con isto, e de outro que non lle gusta perder nin ó parchis e con cualidades de sobra para que pense así, outro con moita cabeza e serio que quere sempre abarcar máis do que pode, hai quen traballa sen parar e non abre a boca para protestar nada ni discutir con ninguén, outros teñen seriedade suficiente para entender o que hai que facer.
Agora o que temos lograr é que cada un deles se decidan en tirar do carro na mesma dirección e así levar ó rego a aqueles que manifestan actitudes máis pasotas ou máis descarriadas.

DE SEGURO QUE AQUELES QUE XOGAN PARA DIVERTIRSE, DUDO QUE TAL E COMO ESTÁN AS COUSAS O ESTEAN A FACER. O QUE TEÑO CLARO É QUE GAÑAR É DIVERTIDO. E SEGURO QUE DOUS OU TRES DORMIREMOS ALGO MELLOR ESA SEMANA.
(Información J.M.Diz).

04.Febreiro.2007.- INFORMACIÓN.

Dende fai xa algún tempo non se escribe a crónica dos partidos, e aínda que ó principio se debía a que estiven con outras ocupacións agora non o fago porque calquera das anteriores nas que perdemos algún partido merecido é válida.
O empeoramento de resultados achacabámolo ás lesións de xente importante e que nunca faltaba a ningún partido ou ben a falta de acerto cara o gol; pero hoxe por hoxe somos conscientes de que aquel equipo de principio de tempada que parecía que ía a gañar moitos partidos, non era máis unha ilusión froito da imaxinación. Hoxe vimos de perder un partido por 2-3 contra o Forcarei cando na primeira parte acabamos gañando 1-0. Ignorante de min que pensei que sairíamos a por todas na segunda parte confiando que os nosos xogadores non deixarían marchar os tres puntos.
Eu ben sei quen son os válidos entre os xogadores e quen non, tamén sei a quen todo lle da igual e a quen non. Eu síntome realmente mal e totalmente desilusionado, e o peor de todo é  que me sinto vacilado pola actitude e a falta de responsabilidade e seriedade dalgunha xente, polo que a miña eterna paciencia está a puntiño de tocar fondo, e mala espiña me da porque chegado a ese punto, teño que decir que de min xa non se rie ninguén.

Por outra banda, cada día queda máis claro o que vai pasar coa S.D. Presqueiras para a tempada que ven, bueno máis ben o que non  vai pasar.
Tendes que entender que para poder competir a nivel federado fan falta cartos, hai que traballar e romper a cabeza, ademáis de ter que aguantar o que hai que aguantar. Se o que queren os nosos xogadores, é pasalo ben, correr un pouco e botar unha pachanga o domingo, sínto moito pero para iso non levamos máis traballos e non nos federamos.
 E OLLO, QUE NON TODOS OS XOGADORES ENTRAN NO MESMO BOTE.
Do que pase no que queda nesta segunda volta vai a depender a nosa participación en liga para o ano que ven. E non vale de nada queixarse do malos que somos ó remate dos partidos se despois non facemos nada por cambiar e por mellorar. ¡¡¡COMO HAI QUE MORDER A LINGUA ÁS VECES!!!
(Información J.M.Diz).

03.Decembro.2006.-PRADERREI 3 - PRESQUEIRAS 0
DERROTA MERECIDA

Este domingo, e en condicións meteorolóxicas como xa non se acordaban nunha tarde de fútbol, disputouse o encontro entre o Praderrei e o Presqueiras, onde os locais foron quen de batir en tres ocasións a meta visitante, claro que non foron máis porque había alguén debaixo dos paus que dou mostras da súa calidade.
O Praderrei sen amosar un xogo superior si que tivo o dominio do partido sefalamos de aproximacións a portería; proba diso é que o Presqueiras non tivo un córner a favor polo que non inquietou a meta contraria. Amosouse falta de garra e de intensidade, actitude que viña sendo habitual no grupo.
Claro que os únicos 11 xogadores que vestiron a camiseta merecen as miñas felicitacións xa que responderon ó seu compromiso. Sergio Barros con gripe, Sergio Álvarez recén saído dunha lesión e aínda en proceso de habituación o equipo, Paco levou un forte golpe no pé nos comezos do encontro e ante a falta de cambios fixo o esforzo de continuar para axudar ó equipo.
Tivémos algunha baixa de ultimísima (Mito e Paquiño, Alex) que xunto a de Juan que se lesionou na rodilla o partido anterior  debilítan ó equipo.
As baixas anteriores e que se prolongan no tempo son: Fran, recén saído dunha operación complicada. Eu mesmo (José M.) que despois dos resultados da resonancia, se me diagnostica un forte golpe na tibia e peroné ademáis de esquince de ligamento externo dereito e esquerdo, e unha posible rotura de ligamento cruzado anterior polo que para o 15 de xaneiro teño unha intervención consistente nunha artroscopia coa finalidade de comprobar se realmente é así que no caso de estar roto pasariamos a unha ligamentoplastia e decir a unha operación de reconstrucción de ligamento.
ALIÑACIÓN: Roberto, Paco, kiko, Sindo, Sergio Barros, Otero, Sergio Álvarez, Marcos, Miguel Cendón, Carmelo, Michel.
(Información J.M.Diz).

 

27.Novembro.2006.-PRESQUEIRAS 2 - CAROI 3
DESASTRE ARBITRAL.

Partido, o de este domingo marcado pala mala actuación arbitral, causada, seguramente pola súa inesperencia, porque máis que equivocarse, o que non sabía era estar no campo.
No referente ó encontro sentenciouse cun 2 - 3 a favor do Caroi que se afianza nos postos da cabeza, mentres que o Presqueiras perdeu a ocasión de sumar tres puntos que nos colocarían nunha posición de privilexio para engancharnos ó tren dos primeiros, Se ben podemos falar de tranquilidade se temos en conta que non deixamos de poñerlle as cousas difíciles ós visitantes.
Nos primeiros minutos do encontro sucedéronse unha serie de ocasións claras ó noso favor logrando nunha delas o primeiro tanto por medio de Cendón despois dun magnifico pase de Mito, a partires dese intre o Caroi empurrou un pouco e ante as imprecisión dos locais nalguns controles e pases chegou o empate precedido dunha falta que despexou maxistralmente Roberto, pero aproveitando o rechace o Caroi ante un despiste na marca. 
Antes do remate da primeira metade o Caroi logra o segundo poñéndose así por diante no marcador.
Co resultado en contra comeza unha segunda parte embarullada na que ningún dos dous equipos se manifestou claro dominador, aínda que chegou a marcar o terceiro o equipo visitante, polo que se empezaba a dar por perdido o encontro, ata os ultimos dez minutos e desconto onde o Presqueiras se foi arriba con ganas e corazón, acurtanto distancias Marcos, e non deixando de apretar ó Caroi ata o final sen lograr o empate.
ALIÑACIÓN: Roberto, Juan, Paco, Sindo, Paquiño, Otero, Marcos, Alex, Cendón, Sergio, Simal, (Mito, Kiko) .
(Información J.M.Diz).

21.Novembro.2006.- TENORIO 1 – PRESQUEIRAS 1
UN PARTIDO INTENSO .

Desprazámonos este domingo a Tenorio para xogar o cuarto partido de liga. Despois da victoria do domingo pasado e despois dos empates que se produciron no grupo 19, tiñamos a oportunidade de poñernos nos postos de arriba. Conscientes de tal situación os xogadores entraron ó campo con gañas e motivados. Xa dende os primeiros minutos se viu un Presqueiras que buscaba a victoria, sen arrugarse ante os locales, se ben o Tenorio fixo o seu partido, xogaban na casa e non pasaban pola derrota. As ocasións sucedéronse ó longo da primeira metade sen chegar a materializar, chegando ó descanso co 0-0 no marcador. Xa na segunda e feito o primeiro e único cambio na aliñación do Presqueiras e con dous dianteiros armámonos ó ataque para que nunha magnífica xogada que sae da defensa abrindo o balón a dereita onde Simal centra para que Marcos de tacón lle deixe o balón a Cendón quen por forza e velocidade se pranta diante do porteiro levando o esférico ó fondo da rede. Véndonos con vantaxa no marcador e con posibilidade de máis seguimos lanzándonos; o Tenorio que vía como se lle ía o partido víuse obrigado a tirar tamén cara arriba polo que pouco a pouco e despois de facer os 5 cambios, polo tanto xente descansada no campo, foinos metendo cara atrás ata que levou o empate o marcador. Claro que aínda fomos quen de armar algunha contra coa que puxemos en apuros de novo a meta local. Finalmente un empate como visitantes nun campo que a priori se facía complicado.

ALIÑACIÓN: Roberto, Paco, Juan, Paquiño, Sindo, Marcos, Sergio, Otero, Alex, Cendón e Michel. (Simal).

PRÓXIMO PARTIDO: PRESQUEIRAS-CAROY
LUGAR: O Iglesario de Presqueiras.
HORA: 16:15.
VINDE ANIMARNOS QUE VOS NECESITAMOS
(Información J.M.Diz).

14.Novembro.2006.-VICTORIA OPORTUNA E NECESARIA A DE ESTE DOMINGO ..

Una victoria esperada foi a que se produciu este domingo no Iglesario de Presqueiras.
Presentámonos no campo con moitas baixas, e con só 12 xogadores que non fixeron outra cousa máis que dalo todo no campo.
Sen amosar o noso mellor xogo fomos quen de sacar o partido adiante. Nos primeiros minutos unha internada pola banda de Marcos que recolleu cunha magnífica volea o balón, levou o perigo a meta contraria rozando o longueiro. A partir dese intre viuse un Presqueiras forte e concentrado en labores defensivas. Nunha maxistral xogada recibe o balón Cendón no borde da área grande escorado cara a dereita, fai o recorte e de forte disparo leva o esférico ó fondo da rede. Marchamos o vestiario co 1-0 no marcador o que nos deu pulos e folgos para a segunda metade.
Xa no comezo da mesma prodúcense de novo unha serie chegadas á área rival por medio de Marcos, Michel e Cendón sen chegar a materializar; comezaban a aparecer as pantasmas do Presqueiras que nos amosan de novo esa falta de pegada final que sí amosou o Pontecaldelas nunha xogada rápida colocándose diante de Alex, que lle tocou ser o porteiro, que se ben o intentou non puido evitar o empate. Lonxe de baixar os brazos o equipo mantívose na liña amosada durante todo o encontro; así nunha auténtica xogada de forza, pillería e gañas de victoria Cendón lanzouse a carreira cara un balón que parecía que ía saír fora pola liña de fondo perto do poste dereito contrario e nun xiro forzado medio caendo o chan logrou mandar o esférico o fondo da rede poñéndonos de novo por diante no marcador. Con gañas de máis aínda se produciron dúas ocasións tanto por parte de Michel que non acertou co remate e o seu sustituto (Sergio) a falta de dez minutos para o final que despois de recortar a un defensa dentro da área rematou, atallando o porteiro o balón.

ALIÑACIÓN: Alex, Paco, Juan, Sindo, Sergio, Otero, Mito, Marcos, Cendón, Carmelo, Michel. SUPLENTES: Sergio II ..

Nota: Tódalas baixas de xogadores habituais estaban xustificadas. Roberto e Simal (Traballo). José Manuel (Lesión de rodilla) Fran (Operación) Paquiño (enfermidade). Kiko (avisou con unha semana de antelación a súa baixa para este partido e o seguinte).
SEGUINTE PARTIDO:
TENORIO – S.D. PRESQUEIRAS
Horario: 16:15 horas
Lugar: Tenorio
(Información J.M.Diz).

06.Novembro.2006.-UN PENALTI, UN GOL EN CONTRA, NOVA DERROTA.
FORCAREI 1 - PRESQUEIRAS 0

De novo, este domingo estivo unha tarde magnífica para a práctica do fútbol, apropiada para o partido que tivo lugar no Municipal de Forcarei onde os dous equipos do Concello, dentro dun clima de total cordialidade, non deixaron por elo de levar a cabo un partido emocionante no que o público asistente non se viu defraudado. Na primeira parte do encontro viuse a un Presqueiras con ganas e tratando de non perder a concentración.
Sucedéronse unha serie de achegamentos ás áreas rivais por parte dos dous equipos tendo que empregarse a fondo as liñas de defensa segundo fose o caso, se ben, nalgunhas ocasións sí que se viron obrigados a intervir os dous porteiros, así Roberto de Presqueiras tivo que empregarse a fondo en dúas ocasións das máis claras ó longo do encontro.
Rematada a primeira parte cun 0-0 no marcador, comeza a segunda, onde sen moitos cambios no nivel de xogo, o infortunio e un pequeno error, primeiro intentando facer un regate no borde da área grande onde perdemos o balón que o Forcarei xogou rápidamente internándose na área un xogador libre de marca o que noutro erro claro por parte do defensor que despois de reaccionar e chegar ó corte, en lugar de aguantar o avance e remate do forcaricense, meteu o pé para tratar de arrebatar o balón producíndose así un penalti claro, penalti que lanzou con moito sangue fría Constenla, e que adivinou Roberto aínda que non puido chegar.
A partir dese intre, e a remolque no marcador tratouse de levar o equipo cara arriba poñendo en apuros a área rival pero sen lograr o gol.
A nota negativa do encontro fóra da derrota foi a miña lesión, xa que nun lance do encontro a rodilla saíuse do sitio volvendose a recuperar, unha vez revisada no Hospital Dominguez o diagnóstico é de "esguince de rodilla" e menos mal que parece que de momento non hai nada roto. Esperando ó Luns 13 no que teño consulta non traumatólogo asignado. De momento repouso e posiblemente un mes sen xogar no mellor dos casos. Merrrrd........

GRAZAS O FORCAREI POLOS PINCHOS DO FINAL DO ENCONTRO. ESTA IDEA DE INVITARNOS MUTUAMENTE E LEVADA XA A CABO A TEMPADA PASADA AMOSA QUE PESE A RIVALIDADE DEPORTIVA ESISTE UNHA AMIZADE PERSOAL ENTRE OS QUE CONFORMAMOS OS DOUS EQUIPOS, TANTO XOGADORES COMO DIRECTIVA.
(Información J.M.Diz).

 

23.Outubro.2006.-PRESQUEIRAS 2 - MORAÑA 2

Para o Presqueiras non sería de ningunha axuda perder un partido que a priori non tiña importancia ningunha, tendo en conta que xa non existía posibilidade de clasificarse para a seguinte fase da copa.

O encontro acabou en empate, pero o mal sabor de boca quedou no equipo, xa que nos adiantamos en dúas ocasións e non fomos quen de atar a victoria . O Presqueiras ponse por diante aos 10 minutos, cando Cendón situou o 1-0 no marcador que colocou en serias dificultades ao Moraña.
Viuse un equipo con ganas e con posibilidade de vencer ao Moraña que en gran parte do encontro non foi quen de controlar as ráfagas de toque de balón que tiña o Presqueiras ao que lle faltou pegada para sentenciar.
Os xogadores do Presqueiras, trás cada roubo, encaraban con acerto a área rival.
Sen embargo, o Presqueiras foi incapaz de aumentar a ventaxa no marcador e, cando o partido estaba a punto de chegar ao descanso, nunha xogada desafortunada, un saque de esquina botado por parte do Moraña, e un fallo na marcaxe subiu o empate ó marcador.
Xa na segunda parte, o Presqueiras con dous cambios efectuados para os seguintes 45 minutos, foi quen de manter a estabilidade do equipo, aínda que xa empezaba a facer aparición o cansazo, que xunto coas ganas do Moraña a portería víuse seriamente ameazada pero maxistralmente protexida por Roberto, porteiro do Presqueiras. No momento en que peor o pasaba o equipo chegou o segundo gol despois dunha falta no centro do campo botada por Simal que levou ó fondo da rede Marcos de cabeza despois de anticiparse ó porteiro. Este gol fixo que volvesen a sucederse as xogadas de perigo na área do Moraña con varias internadas de Juan e Sergio. Finalmente noutro córner botado polo Moraña en nun equivocado intento de control de balón dentro da área pequena fixo que ante o fallo nese control un xogador do Moraña conseguise o empate.
O positivo do partido foi unha mellaría clara no intento de ter o control do balón onde se sucederon unha serie de xogadas realmente bonitas. Se correximos algún pequeño detalle defensivo e evitamos algunha perda no centro do campo podemos gañar bastantes partidos, claro que para iso precisamos tamén que os nosos dianteiros segan na liña deste domingo.

AGRADECEMENTOS: A Vicente Búa (de Barro), A Rubén (Morgade) e a Lito (da Magdalena) por prestar os seus servizos este domingo a pro do equipo ó cumplir coas funcións de membros de seguridade, xa que sen estes o árbitro non comeza o partido. Ademáis Vicente tamén foi buscar algún balón deses que caen fóra do campo cando superan as precarias redes de protección.
(Información J.M.Diz).

PRÓXIMO PARTIDO: ¡¡¡COMEZA O CAMPEONATO DE LIGA!!!

1º encontro: S.D. PRESQUEIRAS - S.D. SOUTOMAIOR

NO CAMPO DE FÚTBOL DE PRESQUEIRAS

02.Outubro.2006.- XOGAMOS COMO PERDEDORES

SALCEDO – PRESQUEIRAS: 3-1

O Partido comezou coma sempre, con dous equipos bastante igualados no campo. Durante toda a primeira parte existiu un control constante do partido, con ocasións de gol para ámbolos dous equipos. No caso do Presqueiras temos que decir que se producíu unha melloría  na liña de defensa con maior seguridade na marcaxe, e nas coberturas. Marchamos cun 0-0 ó descanso.

No comezo da segunda parte empezamos do mesmo xeito, así quedou patente co gol de Fran (0-1). Pero coma sempre a partir do minuto 60 mais ou menos coma en tódolos partidos comeza o baixón, tanto na concentración coma na física, polo que chega o empate do Salcedo precedido dun abandono de marca no centro do campo. Pouco despois un centrocampista do Salcedo recibe un balón, avanza uns metros, coloca o balón fortísimo onde Roberto (porteiro) non pode chegar. O terceiro é froito da desesperación do equipo.

Salientar a expulsión de Simal, e tamén un leve golpe levado por Marcos na rodilla.

O ÁRBITRO: D. Eliseo Montenegro Coia

Merece unha mención especial
Non tivo nada que ver na derrota. Tampouco o fixo tan mal. Pero neste caso a súa actitude cos xogadores do Presqueiras foi un pouco borde xa dende a revisión que levou a cabo para saír campo, os seus comentarios e o tono de voz era un tanto agresivo.

Xa no campo estivo a buscarnos en cada comentario e chegou a sacar algunha tarxeta sen sentido, pero sempre con un tono de voz elevado nas súas explicacións.

ALIÑACIÓN: 1-Roberto , 2-Kiko ,3-Paco ,4-Sergio Barros ,5-Jose ,6-Simal ,7-Cendón ,8-Mito ,9-Fran ,10-Carmelo ,11-Marcos ,12-Alex ,13-Michel ,14-Sergio Álvarez .

 

25.Setembro.2006.- TAMPOUCO FOI PARA TANTO

MORAÑA - PRESQUEIRAS 4-1
Partido que a priori se presentaba complicado para o Presqueiras, por tratarse dun campo de herba e pola meteoroloxía adversa deste domingo.
Con 16 xogadores en convocatoria tiñamos asegurado que os problemas de cambios estaban solucionados. Dende o pitido inicial demostramos que se mantemos a concentración o longo de todo o partido podemos facer unha boa tempada, se ben o Moraña adiantouse cun gol precedido dun fallo defensivo, e marcou o segundo de penalti. Fomos cun 2-0 ó descanso sen poder decir que non o merecíamos a pesares dalgunha ocasión clara pola nosa parte. Quizais na primeira media hora da segunda parte, onde tivemos o dominio do partido, e ameazando constantemente a portería contraria, puidemos chegar a gañar o partido, máis aínda cando Carmelo nunha xogada espectacular, despois de regatear a uns cantos contrarios colocou o balón nun lugar imposible para o porteiro, claro que coma sempre, tivemos que cometer de novo fallos defensivos para que en 15 minutos nos metesen outros dous goles.

Señalar que tres fallos defensivos serven para perder un partido, claro que o feito de ter 11 ou 12 ocasións de gol e non meter máis que 1 serve para non gañar. Esperemos mellorar nestes dous aspectos. 
(Información J.M.Diz)

17.Setembro.2006.-
[Aquí] vos deixo unha foto que lle saquei o equipo este domingo, nun encontro amistoso que xogaron contra a, SD Cesantes.
Faltan moitos xogadores, uns por motivos de traballo, e outros que irian o tanatorio a despedir o porteiro do Forcarei, que coma todos sabredes moreu onte nun acidente de trafico.

PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL (1ª FASE DA COPA DA DEPUTACIÓN)
PRESQUEIRAS - CESANTES: 2-2

Hoxe xogouse o primeiro partido oficial da tempada 2006-2007 correspondente a primeira fase da Copa da Deputación.
En principio plantexábase un partido complicado motivado pola carencia de xogadores, todos eles, teño que decilo, por motivos xustificados. Con 11 xogadores xustísimos afrontamos o partido, e a cousa púxose de cara co gol de Sergio despois dunha magnífica xogada levada a cabo polo equipo, de feito a primeira media hora de encontro foi de bo xogo. O descontrol chegou despois, un pouco de desorde, e un fallo garrafal pola miña parte o non ser capaz de cortar un balón que en principio parecía fácil. Fomos co empate para o descanso, e comenzamos o segundo tempo coas mesmas gañas pero seguíamos sen ter moi claro como debemos xogar, de feito non somos quen de levar o control do balón e do partido, cousa que creo que se logrará senon nos abandonamos na desesperación, como acertadamente nos aconsellaba dende un coche un grupiño de bos aficionados/as ó término do encontro (GRAZAS). O caso e que ó final logramos empatar cun penalti lanzado por Simal, claro que, non sen ter errado antes outro así como algunha ocasión máis.
Este resultado, ó meu entender, debeuse, claramente a entrega total dos xogadores que alí estabamos, que en ningún momento baixamos os brazos, xogando con ganas de non perder o partido; a marxe de facer millor ou peor fútbol tamén é importante botarlle un pouco de c..... 

Quizais o máis negativo foi a expulsión de Fran de cara ó proximo partido, que se ben foi merecida polas protestas ó árbitro, o que está claro é que se hai alguén no equipo que nunca faría ese tipo de cousas, ese é Fran, que polo de agora non fixo máis que dérlle alegría e bo rollo ó vestiario. Todos no vestiario sabemos da súa entrega no campo, e persoalmente creo que o que lle pasa é que está a fallar unha serie de ocasións de gol claras, e, a pesar da coña que nos traemos con él por este tema, de seguro que xa lle está dando voltas á cabeza co tema, e creo, polo que vin hoxe na súa expresión empeza a molestarlle e o mesmo tempo xa se desespera coa idea de que non meterá un gol nin de coña. Pero se vos digo a verdade, as ocasións que falla é por que as ten así que algo está a facer ben, "ÁNIMO FRAN, PORQUE OS TEUS GOLES CHEGARÁN" .
(Información J.M.Diz)

17.Abril.2006.-Aquí tendes as fotos que me mandou JM.Diz, o correo, hoxe:


Cena tranquila

Cendon, o regreso

De novo Carmelo

Paco, o Historico

Diego,Chari,Carmelo

Espera no Avenida

Jose B,secretario

Juan, Jose R. e Fran

Mais do mesmo

Mister hidratandose

O noso Ronaldiño

Otero e Sergio

Que fas co cigarro..

 

 

 

 

27.Marzo.2006.- A S.D. PRESQUEIRAS ten prevista unha reunión para o próximo sábado día 1 de abril de 2006 na parte de atrás do Bar Avenida en Soutelo.
Asistirán tódolos xogadores e directivos, co fin de facer o balance deportivo da tempada e confirmar a participación na tempada que ven.
Explicaráselle ós xogadores cales van a ser algunhas das novas que van marcar o xeito de levar as cousas, para que aqueles que teñan dúbidas sobre a súa continuidade o vaian pensando.
Se alguén, alleo a S.D. Presqueiras ata o de agora quere acudir a reunión co fin de facer algunha aportación, ou simplemente asistir, pregaríalle que me comunicara a min con anterioridade o porqué da súa asistencia e así previr a orde de intervención de cada un. deixando o número de teléfono no meu correo ( josemanueldiz@yahoo.es ) para que eu me poña en contacto con esa persoa.

27.Marzo.2006.-SAN PEDRO 3 - PRESQUEIRAS 3

Partido estraño no que nos enfrontabamos os dous colistas, polo que tendo en conta que só había un punto de diferencia perder suporía quedar de últimos.
As cousas puñanse mal xa cando só fomos xogar 11 e conmigo de porteiro, que xa o dí todo. Nuhna xogada de infortunio chega o primeiro gol en contra, pero de seguida Carliños logra igualar o partido. A verdade é pque nos estabamos amosando superiores pero non lográbamos acertar co marco contrario. Un penalti en contra levou o San Pedro a adiantarse de novo no marcador, pero pouco antes do final da primeira parte Carmelo empata de novo.
No descanso tiñamos claro o que non podíamos perder este partido, así que saímos a por todas.
Xa na segunda, logramos adiantarnos no marcador cunha maxistral xogada de Cendón que colleu o balón no centro doi campo caído a unha banda e meteuse na área contraria sorteando contrarios ata meter o gol.
Producíronse as expulsións de Cendón e de Carliños despois de dous cartóns amarelos cada un, e chega o empate do San Pedro. estábase a facer dificil aguantar o partido con 9 xogadores no campo pero logrouse chegar ó final co empate.

O ARBITRO:
Hoxe merece unha mención especial por non estar,  o meu modo de ver en condicións de arbitrar, creo que simplemente foi a cobrarlle ó San Pedro.
Comezou moi cedo a amosar tarxetas por simples comenterios e faltas sin maldade, polo que puxo o listón moi alto e non foi quen de dominar o partido. A verdade é que os xogadores do San Pedro facían algunha falta que merecía máis que o marelo, pero incluso se equivocaba concedendo faltas o equipo que a provocaba, ademáis detalles como marcar un  saque de banda a favor noso e despois deixar que sacaran eles porque colleran o balón antes.
Nunha ocasión vin como estaba algo asustado co San Pedro, porque nun balón que saíu pola liña de fondo sinalou córner a favor deles e un xogador do San Pedro reclamoulle falta e non lle fixo caso, ó que este xogador lle responde botándolle area a cara, o colexiado levou a man ó bolsillo para sacar cartón pero o xogador amenazouno achegándose a él e non se atreveu. Ata lle deron un manotazo na cara cando expulsou a un xogador deles no último minuto. Creo que este árbitro merece que se senten con él para darlle algún conselliño, porque pode chegar a complicarse a vida con ese poouco interés que tiña. froito seguramente dunha noite movidiña. (Información J.M.Diz) 

19.Marzo.2006.- PRESQUEIRAS 1- FORCAREI 5

UNHA NOVA DERROTA
Temos que resignarnos, perdemos porque é o que levamos facento toda a tempada. Quizais a diferencia de goles non debeu de ser tanta se de cara ó gol foramos máis certeiros. Ademáis dous dos xogadores (Cendón e Fran) que están marcando a diferencia nos últimos partidos, sobre todo no aspecto físico, lesionáronse ó pouco de comezar a 2ª parte, polo que esa presión que exercían, e a guerra que daban desapareceu.

NORABOA Ó FORCAREI.

O sábado tivemos unha pequena reunión alguns dos interesados polo equipo (José Blanco, José Rivas, Diego Rivas, Chari, tamén estaba Vicente de Barro, e José (Alfonsín) e decir eu mesmo). Falamos de moitas cousas:
  1. Da subvención da Deputación, para chegar a un acordo acerca de cales son as necesidades primarias das instalacións.
  2. De como se atopa ó equipo na actualidade e o porqué.
  3. Dos cambios que se van a levar a cabo, que tamén lle van afectar ós xogadores.
  4. Dun plantexamento da próxima tempada baseado nunha maior seriedade e compromiso por parte dos xogadores e directivos.
  5. Que tipo de xogadores se deben de fichar, partindo sempre das baixas que se produzan e da idea de que o queira xogar ten que demostralo.
  6. Dende un principio deixaránselle claras as cousas a todos.
E O MÁIS IMPORTANTE É QUE CONTINUAREMOS  E FAREMOS O POSIBLE POR LEVAR ADIANTE TODOS E CADA UN DOS OBXECTIVOS QUE NOS PLANTEXEMOS.
O QUE NON RESPONDA COA SERIEDADE QUE MARCHE, PORQUE SOMOS AMIGOS DO BO ROLLO PERO ALGÚNS EMPEZAMOS CABREARNOS CON TANTA TOMADURA DE PELO. E eu non digo nomes pero cada un que pense no que lle toca pensar, moitos dos que falo non len estas palabras pero tamén as escoitarán chegado o seu momento.(Información J.M.Diz).

13.Marzo.2006.-

CONTINUAREMOS
Como xa sabemos todos o partido que se ía a xogar este fin de semana foi aprazado para o DOMINGO 2 DE ABRIL, aínda que por un erro, que espero saiban disculpar, se anunciaba para o domingo 9.
Dito isto, aproveito, no día de hoxe, para dirixirme a todos aqueles que manifestan certo interés pola situación do noso equipo, sexa cal saxa o motivo de tal preocupación.

En primeiro lugar, non podo máis que lamentar non ter sacado mellores resultados, se ben, resúltame imposible agochar a satisfacción acadada esta tempada, que parte do feito de ir comprobando como nos últimos dous anos logramos un obxectivo marcado, que non era outro que o de crear un grupo constante, sen que tivésemos falta de xogadores nos partidos por causas inxustificadas, como ocorría en anos anteriores. A clave está en contar con xente incapaz de faltar a súa palabra e o seu compromiso, gracias a este feito con só 18 fichas puidemos solventar os encontros cada domingo.

Por outra banda todos sabemos que manter un equipo de fútbol en Presqueiras é complicado, xa ninguén ten interés, e a ilusión coa que se formou esta Sociedade Deportiva nos seus tempos foise perdendo, económicamente resulta difícil, tendo en conta que cada vez é máis caro competir , así que a nosa participación de cara a tempada que ven estaba en dúbida; claro que a mín particularmente dábame moita pereza rendirme neste intre, no que existe un grupo de persoas con ilusión e con interés por continuar, así que só podo decir que eu vou a seguir coa miña idea de equipo, e estou seguro que alguén máis dos que estiveron de sempre tamén o farán. Agora ben, os que demostraron esta tempada que tiñan interés e preocupación por participar nesta idea, só espero que de cara a próxima, a súa presencia sexa un feito e non un espellismo, froito da casualidade que dí aquelo de: “pasaba por alí”.
A partir do fin desta tempada traballaremos xa para a próxima, o que non podemos é deixa “enfriar” a ilusión por continuar, que a vagancia non nos acompañe, e que o sentido común xunto cun pouquiño máis de autoridade, nos faga acadar o obxetivo máis esperado: “mellorar resultados”. Temos que deixar de ser o equipo fácil da competición, e sen abandonar a humildade dos derrotados que algún día fomos , pasar a ser os vencedores e preguntarnos en cada partido: ¿por qué non?
Animo dende aquí a todos os que sintan a necesidade de apoiarnos a que o fagan, que non se deixen caer no desánimno das derrotas e aboguen pola ilusión, polo espíritu de liderazgo que levan dentro e que se unan para axudarnos neste impulso que temos que tomar de cara a un novo proxecto. (Información J.M.Diz).

08.Marzo.2006.-
"O PARTIDO QUE ÍA TER LUGAR ESTE DOMINGO CONTRA O CARBALLEDO QUEDA APRAZADO CON DATA DEFINITIVA A PROPOSTA DA FEDERACIÓN PARA O DÍA 9 DE ABRIL  , POLO QUE ESTE DOMINGO NON XOGAMOS. A S.D.X. CARBALLEDO SOLICITOU A S.D. PRESQUEIRAS SE PODÍAMOS FACERLLES ESE FAVOR XA QUE ENTRE SANCIONADOS E LESIONADOS NON TIÑAN 11 XOGADORES PARA O PARTIDO. DECIDIMOS ACEPTAR, POLO QUE SE RESOLVEU DE MUTUO ACORDO O XA SINALADO APRAZAMENTO". (Información J.M.Diz)

05.Marzo.2006.-

O IMPORTANTE É TER SAÚDE
PRESQUEIRAS 0 - A LAMA 6
Que lle imos facer, volvemos a perder. Un cúmulo de circunstancias (Otero, Paquiño e Carmelo lexionados, Juan e Sergio tiñan sendos bautizos na familia, Michel traballaba de tarde, Bruno con gripe) fixeron que estivéramos 11 xustos no campo. Sen embargo a xente estaba animada, tiña ganas de xogar. Pero o partido ponse costa arriba co primeiro gol en contra ós 10 min; xusto nese intre sacamos de centro e Fran (Hoxe de 9) tivo unha clara ocasión de gol que saiu rozando o poste, os ánimos volveron pero enseguida decaíron ó comprobar como entraba o segundo en contra despois de darlle tódalas facilidades para que marcaran. Teño que dicir que  floxeamos moito a nivel defensivo en tódalas liñas, proba diso foi que meteron ata 5 goles na primeira parte, os nervios apoderáronse de nós, así algúns xogadores chegaron a discutir entre eles dando unha imaxe de malos compañeiros absoluta; polo que xa no descanso había que arranxar ese aspecto; e así foi, todos nos demos conta do que pasaba así que a tomar cartas no asunto.
Saímos na segunda parte a demostrar que o podíamos facer mellor, e E AÍNDA QUE RESULTE DIFÍCIL CRELO É MOI PERO QUE MOI CERTO, CREAMOS TANTAS OCASIÓNS CLARAS QUE DE ENTRAR A METADE DELAS EMPATABAMOS O PARTIDO, pero coma sempre negados de cara ó gol, ata fallamos un penalti, DESESPERÁMONOS de novo e senon preguntádelle a Fran (xa non sabía onde meterse) que só él tivo 6 ou 7 ocasións claras que ben acababan nas mans do porteiro ou no poste, (hai que decir que o porteiro non era nada malo). O árbitro en pleno partido chegou a decirme que non entendía nada, como lle poidemos dar tantas facilidades na primeira parte e na segunda crear tantas ocasións, que lle parecía imposible que fallásemos tanto. Logo Alex tamén fallou 3 claras, incluso Diego Rivas nunha falta lonxana puxo en apuros o porteiro que tivo que empregarse a fondo para deter un balón que ía dereitiño a escuadra.
Só espero que esta temporada non fose máis que unha proba de cara a que ven, haber cantos xogadores tiran a toalla. Confio en que a maioría se queden. Porque nos continuaremos. (Información J.M.Diz).

28.Febreiro.2006.-

SOUTOMAIOR 7 - PRESQUEIRAS 0

Como xa saberedes a maioría de vos, o pasado domingo o Presqueiras sufriu unha dura derrota, e neste caso non hai escusa, simplemente non foi un bo día a pesar de aguantar un resultado de 1-0 durante a primeira parte e os primeiros 15 min. da segunda.
Será mellor esquecerse do que pasou xa que non o viñamos facendo tan mal a pesar de non ser quen de gañar partido algún.
Neste caso vimos como xa nos primeiros cinco minutos Carmelo ten que retirarse do campo cunha rotura de fibras nos xemelos, pouco despois Paco ten que facer o mesmo despois de golpearse na cabeza contra Otero, eu mesmo, que podía xogar de campo ó volver Pana a portería, empecei a atoparme mal do estómago. Sen embargo a xente sí que estaba un pouco desanimada neste encontro, só espero que no próximo partido a actitude e os ánimos volvan para facerlle frente a "A Lama", xa que son os líderes da clasificación e podería ser unha boa ocasión para demostrar que realmente non somos tan malos no campo como se amosa a tabla.

Para aqueles que pensaban que non ía haber crónica decirlles que eu non abandono nin con este resultado. Simplemente non tiven ocasión nin tempo de mandarlla ó administrador da páxina.
¡¡¡¡ALGÚN DÍA O CANECO VOLVERÁ A SER NOSO!!! Este debe de ser o noso obxectivo a partir de agora. (Información J.M.Diz).

19.Febreiro.2006.-
Pontecaldelas 4 - Presqueiras 0.

A ACTITUDE DI TODO

Sinto moito non poder cambiar o de sempre, PERDEMOS DE NOVO. Hoxe volveu a faltar o porteiro polo que me tiven que poñer eu de novo debaixo dos tres paus.
O Partido comezouse con interés, pero enseguida se viu que faltaba intensidade, faltaba esa actitude positiva e agresiva da que vimos felicitándonos ó longo de toda a tempada, cometéronse erros infantís froito, seguramente da desgana que se estaba a demostrar por parte de case tódolos xogadores, así foi que se normalmente mantemos a portería a cero durante a primeira parte, neste caso coláronnos 3 goles. Fomos o descanso coa cabeza gacha, non era para menos, claro, pero o silencio do vestiario rompeuse cando froito da desesperación comezamos a animarnos unhs ós outros; deixamos claro que había que cambiar de actitude, todos o recoñeceron cal era o problema, o desánimo converteuse en furia, a desgana en agresividade,  debilidade en forza, saímos o campo para demostrarnos que si que o podíamos facer mellor, e así foi, creamos ocasións claras de gol, o problema foi non ser quen de materializalas, eles apenas chegaban con claridade, de feito de ter un bo porteiro posiblemente o cuarto gol non tivera entrado.
Só teño que pedir que nunca se repita o que ocorreu na primeira parte.

ALIÑACIÓN: José M., Diego, Paco, José R., Paquiño, Otero, Jorge, Alex, Cendón, Carmelo, Sergio, (Michel, Juan, Carlos).

O PRÓXIMO SÁBADO REUNIRÉMONOS PARA FALAR DO FUTURO DO EQUIPO. SE QUEREMOS CONTINUAR COMPETINDO PARA O ANO TEMOS QUE TOMAR AS MEDIDAS OPORTUNAS. OU SÍ OU NON, O QUE TEN QUE QUEDAR CLARO É QUE XA ESTÁ BEN DE XOGAR POR XOGAR. (Para iso quedamos os domingos no pabellón para botar unha pachanga).

- HAI QUE BUSCAR APOIO ECONÓMICO, PORQUE CADA VEZ É MÁIS     CARO COMPETIR.
- IMPLICAR A MÁIS XENTE PARA TRABALLAR POLO EQUIPO.
- BUSCAR UNHA RESPOSTA POSITIVA DOS XOGADORES DE CARA OS ENTRENAMENTOS.
- E ALGUNHA COUSIÑA MÁIS... QUE AQUÍ NON VEN Ó CASO.  (Información J.M.Diz).

12.Febreiro.2006.- PRESQUEIRAS 0 - FIGUEIRIDO 2

NA NOSA LIÑA: XOGAMOS BEN E PERDEMOS.

Hoxe si que resulta inxusto o resultado, xa que o Figueirido non fixo tantos méritos como para gañar o partido; aínda que nós, coma sempre na nosa liña, non creamos ocasións de gol, chegamos arriba pero non finalizamos con acerto.
A primeira parte aguantamos o 0-0, sen que eles crearan ningunha ocasión clara, de feito apenas se achegaron a nosa portería. Pero claro, chegou a segunda parte e ala vai, metémoslle nós o gol en propia meta nunha xogada chea de infortunio, pero seguimos adiante, insistimos no campo, fomos pelexóns pero nin rastro do gol. E claro ahí non queda a cousa, nun córner en contra, fan un saque pechado e GOOOOL olímpico, a verdade é que lle saeu bastante ben inclúso alto e bastante largo, PERO TAMÉN AXUDOU A INESPERIENCIA DO PORTEIRO, VAMOS QUE TIVEN QUE ARMARME DE GUANTES E ALA A SUFRIR NA PORTERÍA OUTRO DOMINGO MÁIS. Espero que Pana poida vir o próximo domingo porque eu debezo por montala ben montada no campo, case vos diría que xa poden ir temblando os contrarios, ah!!! e que non se malinterprete que eu non falo de mancar a ninguén.
Teño que dicir que estou realmente satisfeito coa actitude dos xogadores, todos pelexan, corren, xa ninguén pode falar de falta de actitude por parte deles, espero continuar así, porque me atrevo a decir que se temos porteiro o domingo PROMETO QUE GAÑAMOS.

Aliñación: José M., - Paco - José R. - Paquiño - Otero - Sergio - Juan - Diego R. - Cendón - Carmelo - Alex /// Jorge - Michel - Carliños.
NOTA: GRACIAS ÓS AFICIONADOS QUE VIÑERON ESTE DOMINGO Ó CAMPO. SEGUIDE ASÍ POR FAVOR. (Información J.M.Diz).

06.Febreiro.2006.- MORAÑA 2 - PRESQUEIRAS 0

Resultado xusto:
O partido presentábase atractivo, xogábase en campo de herba natural, a xente estaba animada, pero a baixa a última hora de Pana (porteiro) fixo que tivésemos que decidir entre Alex e máis Eu, como a miña lesión aínda non está curada de todo decidimos que mellor sería aproveitar a Alex de campo e a portería para min. Teño que recoñecer que a pesar de facer algunha paradíña o primeiro gol do Moraña foi unha auténtica cantada miña como porteiro xa que despois de conseguir bloquear un balón este foiseme das mans e non fun quen de impedir que o dianteiro chegara para marcar. ¡¡¡VAIA P.... M...!!!

En canto ó xogo, o Moraña sempre mantivo a súa superioridade xa que se nos facía complicado controlar o balón, resultounos difícil xogar nese campo, polo demáis os problemas de sempre pois non creamos ocasións, e ata nos costa chegar arriba. Hoxe para colmo xa eran baixa para este partido:

  • Sindo que ten papeiras e xa é o terceiro do equipo que as padece.
  • Fran,  que como sabedes se atopa en Xapón.
  • Sergio que tiña obrigacións familiares.
    (Información J.M.Diz).

 

29.Xaneiro.2006.-Deixovos (Aquí) unha foto do novo Mister. Espero que no lle pareza mal , pois non lle dixen nada. Queremos que sexa coñecido nas mais altas esferas .

Partido Suspendido.

S.D. PRESQUEIRAS - C.F. PRADERREI (Suspendido pola neve).

Vaia!!! unha xornada sen goles en contra. Claro que se debeu a que este fin de semana nevou en Presqueiras. A verdade é que o campo de fútbol estaba completamente branco xa o sábado a tarde, claro que pensei que se se poñía bo tempo, ó mellor, poderíamos xogar de derreterse parte da neve. O que ocorreu foi que coa xeada que caeu pola noite empeorou a cousa e o sol do domingo non foi suficiente, polo que nos vimos na obriga de avisar o colexiado do encontro e ó Praderei para suspendelo pois nen sequera podíamos marcar as liñas do campo.
Xa o sábado me puxen en contacto con Montoto (delegado da Federación de Fútbol en Pontevedra) e díxome que era mellor esperar o domingo. Como hoxe todo seguía igual, decidín chamar a Jesús Sanjorge (Delegado do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol) o non conseguir falar con él púxenme en contacto cun colexiado coñecido que chamou  ó que lle correspondería arbitrar o partido e xa me dixeron que non viñan e daban o partido por suspendido. A partir dese intre chamei a tódolos xogadores para que non acudiran e tamén ó Prederrei cando xa serían as 12:00 horas.
As 13:00 horas chamoume Jesús Sanjorge (Delgdo.  do Comité Tec.Galego de Arbitros de Fut.) para confirmar a suspensión do partido.
Ah!... O Praderrei debeu desconfiar de nós e apareceron igual no campo, como xa sabemos todos: "PENSA O LADRÓN QUE TODOS SON DA SÚA CONDICIÓN";  ata lle escoitei decir a algún xogador que lle tiñan que dar o partido por gañado xa que eles non tiñan culpa de que nevara, ¿igual a tiñamos nós? claro.
Agora queda chegar a un acordo para xogar este encontro, polo que teremos que atopar un festivo polo medio da semana ou un sábado...
(Información J.M.Diz).

23.Xaneiro.2006.-

CAMPOLAMEIRO 2 - PRESQUEIRAS 1

AUTÉNTICA DEMOSTRACIÓN DA MALA EDUCACIÓN DO CAMPOLAMEIRO:
Non foi o noso día, como leva ocorrendo toda a tempada, e moito menos de cara ó gol, manifestándonos sempre  errantes na súa procura. Non obstante, puxémonos por diante no marcador cun gol de Michel na segunda parte despois de manter o encontro a cero nos primeiros 45´, a ledicia durou pouco e de seguido chegou o gol do Campolameiro, e logo outro xa nos últimos 15´, claro que se temos en conta que un deles non acadou a entrar poderíamos falar hoxe dun empate de seguir así. Evidentemente non culpamos ó colexiado xa que hai que ser moi valente para ir arbitrar a Campolameiro, dende o inicio o público manifestou a súa mala educación con constantes insultos cara o colexiado e cara nós mesmos, ademáis de amosar actitudes ameazantes cara o noso delegado por protestar unha xogada, sen que nada fora con eles. Está claro que os xogadores non deben de facer caso do público pero resultou que no mesmo campo os xogadores locais mantiñan esa mesma actitude baseada no insulto, na ameaza e na agresividade, lesionando a dous dos nosos xogadores con sendas entradas visiblemente con intención de facer dano, por non falar das que non chegaron a causalo por sorte para nós; quizais se sentían protexidos polo público alí presente. Levamos perdendo toda a tempada e achacámolo sempre á falta de gol, os despistes, a falta de concentración e tamén o feito de que non entrenamos, está claro que a culpa case sempre foi nosa, sempre procuramos de non escusarnos en aspectos alleos a nos mesmos,
PERO DESTA VEZ DEBO DE SER CRÍTICO CO PERSOAL DE CAMPOLAMEIRO, FORON UNS AUTÉNTICOS FALTÓNS, AGRESIVOS CON INTENCIÓN DE MANCAR, SOLTANDO PATADIÑAS POR DETRAS, COMO AQUEL DÉBIL COBARDE  QUE SÓ É VALENTE DE GRUPO PERO CHORÓN NA SOEDADE. O QUE MÁIS SINTO E A PRESENZA DE CATIVOS QUE CONTEMPLAN COMO AS SÚAS NAIS E OS SEUS PAIS E VECIÑOS CONVERTEN UNHA TARDE DE DOMINGO NUNHA LATANÍA DE INSULTOS. CAL SERÁ A SÚA SORTE NA VIDA DE SEGUIR ASÍ. 
E PARA COLMO NON NOS DAN AUGA QUENTE, E CANDO LLA FOMOS A PEDIR, DÍN QUE NON SABEN COMO FUNCIONA  O QUENTADOR, RECLAMAMOS O COLEXIADO, E ENTÓN A ÉL DINLLE QUE A BOTAN AGORA, CLARO QUE XA PASARAN CASE 20´ E XA TODOS NOS ÍAMOS, VAMOS QUE OUTRA MALDADE MÁIS CO CAMPOLAMEIRO.
(Información J.M.Diz).

16.Xaneiro.2006.-

Presqueiras 3 - Santomé 4

PARTIDO VIBRANE E INTENSO

Domingo pasado por auga e por goles o que se viviu en Presqueiras.
Mira por onde, pedíamos goles e chegaron tres, claro que vai o Santomé e mete catro, se esto parece cousa de meigas.
Esta claro que o Santomé é lider da clasificación e sabíamos que ía ser díficil gañar, pero teño que dicir que o pasaron bastante mal, xa que comezamos gañando, e puxémoslle as cousas bastante difíciles. Durante o partido déronse xogadas nas que perdemos balóns de xeito absurdo, o que provocaba o contragolpe do Santomé que nos metía e apuros. Temos que evitar errar nese tipo de xogadas, como regalar o balón nos saques de banda, ou que partindo dunha falta ó noso favor que se produza un contraataque do contrario. Necesitamos tamén manternos máis atentos e concentrados durante todo o partido, porque no noso caso os despistes lévannos por moi mal camiño, incluso ser un pouquiño máis pillos.
Por outra banda os plantexamentos tácticos están a ser positivos, o adestrador (Chari) ten as ideas claras sabe cales son as carencias e onde fallamos, espero que continue con ilusión xa que eu mesmo fun víctima da impotencia de non poder facer nada por solucionar os problemas; todo sería posible se tivéramos a ocasión de entrenar polo menos un día a semana xa que se poderían falar moitas cousas e eu sei que a Chari lle gustaría decílas.

  Vou facer por acabar a tempada do mellor xeito posible, tratándo de que a xente continúe o ano que ven porque cos xogadores que temos creo que podemos facer bastante máis, só se precisa que tódos adquiran un concepto de fútbol basado no equipo, así como a idea de que cada xogador ten unha función básica no campo en relación as súas características individuais. As carencias particulares deben de ser suplidas pola sobreexplotación das virtudes, se a esto lle adxuntamos un traballo en conxunto no que cada membro do equipo sabe o que ten que facer dependendo do que estea a ocorrer no campo, de seguro que daremos máis dunha alegría.
Gustaríame que aqueles que len estas liñas e aínda non nos viran xogar sí que o fixeran porque daríanse conta de que non minto cando digo que poderíamos facer moito máis.

Por certo creo que vai a ser complicado que me recupere para poder xogar o próximo domingo, xa que a rotura de fibras precisa tempo de recuperación e neste caso, algo máis de 15 días. ¡¡¡ANDA QUE COAS GANAS QUE TIÑA DE XOGAR AGORA QUE MA ATOPABA BEN DESPOIS DE DOUS ANOS PARADO POLA MERDA DE TOBILLO QUE TEÑO!!!
(Información J.M.Diz).

10.Xaneiro.2006.-San Xurxo 1- Presqueiras 0.

MAL RESULTADO PARA TAN BO XOGO.

Este domingo perdeuse o partido no treito final do encontro despois dunha serie de infortunios. Sen embargo temos que aplaudir o debut de Cesar (Chari) como entrenador, que levou a cabo un plantexamento do partido do máis acertado, ocuparonse moi ben os espazos, e aínda que un pouco nerviosos nos comezos enseguida chegaron as xogadas de perigo ó noso favor, se ben a lacra arrastada dende que se iniciou o campionato como é a falta de gol fixo que a meta contraria non se vira rebasada.
No campo non houbo un xogador que baixara os brazos, pelexouse ata o final aínda que finalmente chegara o gol en contra nunha das esporádicas aparicións do San Xurxo pola nosa área.
Incidencias:
Dende que chegamos o campo démonos conta de que os ollos do colexiado non eran froito dunha noite de descanso, o seu corpo parecía levar o cartel de: "Perigo, Inflamable"; se ben o partido non se lle puxo complicado, xa que foi do máis tranquilo, aínda que nunha aplicación un tanto confusa do regulamento fixo que no minuto 21 da primeira parte o noso porteiro fose expulsado, xa que lle recriminou que sinalara tan tarde unha falta na que aplicou a lei da ventaxa ó noso favor:

"prodúcese a falta pero eu continuo co balón polo que aplica a lei da ventaxa; aínda así nesa xogada o balón desprazárase bastante alonxado da miña posición polo que tiven que dar unha carreira longa para chegar antes que o defensa contrario, xusto no momento en que recupero o balón e me dispoño a marchar cara a portería sinala a falta anterior polo que nos pareceu que non acertara na decisión, así que o noso porteiro lle pregunta porque non deixa seguir agora que tiñamos o balón ó que responde o colexiado cunha tarxeta, entón o porteiro enfurécese e volve a protestar ó que lle aplica o colexiado a segunda amarilla polo tanto expulsión".

A partir dese minuto 21 xogamos con 10, ah!!! e conmigo de porteiro, polo que se puña todo un pouco en contra, claro que aquí ninguén se rendeu e loitouse ata o final sen que se notase quen xogaba en inferioridade. A 10 minutos do final tiven que abandonar o partido por culpa dunha lesión que reapareceu na miña perna dereita, pasando a ocupar a portería un valente máis do equipo como foi Bruno.
Sabemos que os goles que nos faltaron o longo da tempada son propiedade dun xogador que posiblemente estará con nos no campo o domingo que ven, ese xogador é Carmelo que neste día decidiu el mesmo que quedaba fora da convocatoria xa que non viñerra a ningún partido con anterioridade, estou por apostar que se mantemos o nivel de xogo do domingo pasado, e cos seus goles e o seu xeito de desequilibrar ó equipo contrario, a S.D. Presqueiras pode ser un auténtico espectáculo para os que vaian a vernos domingo tras domingo.
En canto a miña lesión decir que dende o domingo xa estou a tratamento para recuperarme en non máis de 15 días.
(Información J.M.Diz).

28.Decembro.2005.-

O longo deste Nadal ven de manterse algunha que outra charla con xente interesada en colaborar coa S.D. Presqueiras, polo que se está a punto de producir unha nova incorporación na composición do equipo, así, a partir do próximo partido que se celebrará en San Xurxo, contarémos cunha nova persoa encargada de facer as aliñacións, trátase de alguén que máis ou menos nos coñece a todos, polo que non lle será complicado decidir a mellor aliñación en cada partido, non variará moito a forma de levar ó equipo, tratando de que tódolos xogadores teñan as mesmas oportunidades para demostrar que poden aportar cousas interesantes ó equipo, aínda así deixarémoslle total liberdade para que poida facer a súa labor que non vai ser doada, sobre todo no que se refire o feito de ter que manifestar certas dotes de sentido común e moita diplomacia, ADEMÁIS DE NON DEIXARSE INFLUENCIAR POLOS COMENTARIOS QUE LLE POIDAN FACER ALGÚNS XOGADORES CANDO SE ATOPE CON ELES NA K.LÚA, NO DON CARLOS, NO AVENIDA ETC...

De momento non imos dar o seu nome ata que non o teñamos totalmente acordado e ata que él nos confirme definitivamente a súa decisión.

Esperemos que a segunda volta, na que xa gañamos o primeiro partido, fagamos que os ánimos e a confianza que alguns poucos poñen en nós sexan recompensadas para que se sumen moitos máis aficionados á ilusión que nós temos por levar o nome de Presqueiras fora da Parroquia o longo de moitos máis anos.

Teño que sinalar que por fin xa temos solucionado o tema da auga quente coa instalación de dous acumuladores de auga de 200 l . cada un. Agora queda eliminar as goteiras coa reparación do tellado para poder pintar no interior e así rematar coas obras pensadas para esta tempada.

MOITAS GRAZAS OS COLABORADORES E FELIZ 2006 A TODOS.
(Información J.M.Diz).

18.Decembro.2005.-

PRESQUEIRAS 3 - TENORIO 1
POR FIN!!!

Hoxe foi un día distinto, máis que nada porque gañamos, o máis importante foi o feito de ser capaces de manter ó longo de todo o encontro un resultado a favor conseguido xa na primeira parte, onde Cendón aproveita un fallo defensivo e do porteiro para meter o primeiro, logo chegou o penalti a favor coa mala fortuna de que o despexa o porteiro provocando un córner que si fai que chegue o segundo gol cun remate de Alex de cabeza. Xa na segunda parte o Tenorio logra marcar poñéndose o partido bastante axustado pero entón chega o terceiro do Presqueiras que meteu un xogador que correu todo o partido e aínda que estivo algo perdido na segunda parte, bueno que o metín eu vale.

Xogamos un partido máis ou menos coma sempre, e decir unha primeira parte bastante boa baixando o nivel na segunda, onde incluso se viron momentos de auténtico despiste. A única diferencia foi que desta vez aproveitamos as ocasións e metemos tres goliños que nos viñeron moi ben, aínda que tamén fallamos algunha ocasión clarísima, pero esto non conta porque o Tenorio tamén fallou as súas.

Pois nada esperemos que a partir deste partido se poida ver outro Presqueiras onde se repitan a miudo estes resultados.

Un saúdo a tódolos lectores, e Boas Festas que xa estén ahí.

SORTE COA LOTERÍA
(Información J.M.Diz).

11.Decembro.2005.

PRESQUEIRAS 1 - SAN PEDRO 1

PARTIDO DECEPCIONANTE:
Foron moitos os partidos nos que falamos de bo xogo por parte do Presqueiras a marxe dos resultados logrados, pero neste caso teño que decir que o reparto de puntos foi o mellor que nos puido pasar tendo en conta o nivel de xogo amosado. A pesar de adiantarnos no marcador cun penalti a favor, unha vez máis non fomos quen de sentenciar e nin sequera manter o resultado, polo que chegou o gol do San Pedro nun auténtico despiste no que deixamos rematar a pracer cara a nosa meta. Aínda así, este domingo, espero que todos se deran conta do perigo que levamos cando entramos polas bandas, esa pode ser unha boa arma. Está claro que os baixóns físicos na segunda parte son evidentes, claro que con cinco cambios en tódolos partidos eso ten que deixar de ser unha escusa. O que sí se precisa é un pouquiño máis de cabeza no campo, ademáis de concentración e se somos quen de manternos organizados ata o final do partido poderemos sacar algún resultado positivo máis.

NOTA: Este domingo comezou a funcionar a nivel interno o sistema de multas por retraso dos xogadores nos partidos que dí: " Aquel que sendo membro do equipo de xogadores da S.D. Presqueiras, non se presente no campo de Fútbol con 45 minutos de antelación ó comezo do encontro, será sancionado con 1 euro por partido de retraso".
Pois ben, este domingo a recaudación foi de 12 euros, a pesar de que nalgún caso o retraso non ía máis alá dos 2 minutos, nou houbo perdón.
Non poño os nomes por non facelos públicos pero xa se estudiará esa posibilidade.

Un saúdo a Juan de Madrid (o Rano para os amigos) que sabemos que visita esta páxina e lé estas cronicas.
(Información J.M.Diz).

06.Decembro.2005.

CRONICA DE UN DERBI:

FORCAREI 4 – PRESQUEIRAS 1

Unha vez máis o PrEsqueiras resultou ser víctima das súas propias carencias como son a falta de gol, e a precariedade física das segundas partes, por non falar dos desánimos que se producen nalgúns xogadores a partir do segundo gol en contra. ¡¡¡QUE PASA, QUE NINGUÉN SE ACORDA DO PARTIDO QUE ESTIVEMOS A PUNTO DE EMPATAR DESPOIS DE IR PERDENDO 1-3, E QUE REMATOU 3-4!!!.
O Domingo levouse a cabo un partido onde a igualdade entre os dous equipos na primeira parte quedou patente, cada un facendo alarde dos seus puntos máis fortes, manténdose o marcador a cero ata o comezo da segunda parte onde, o baixón físico sumado a algunha xogada chea de inforunio e ó acerto do Forcarei de cara á portería, fixo que se foran sumando goles na conta dos nosos veciños.
AH!!! MARQUEI EU O GOL DO PRESQUEIRAS AÍNDA QUE O AMIGO PABLO, (Porteiro do Forcarei) DÍ QUE O METEU FELIX EN PROPIA PORTA. Pois Que sepas que o fixen con intención para que te despistara... bueno eso.
Xa sei que é un simple gol pero, despois de dous anos prácticamente sen xogar ó fútbol recuperándome dunha operación de nocello, poder correr como estou volvendo a correr e aínda por encima marcar un gol, ten o seu mérito. Sólo espero seguir nesta liña, e espero que o meu próximo gol serva para dárlle unha victoria o Presqueiras.
(Información J.M.Diz)

 

28.Novembro.2005.

Presqueiras 1 - Carballedo 5
Un partido no que se saiu con moitas ganas, a pesar do frio. Durante toda a primeira parte mantivemos a portería a cero e sabíamos que de seguir así o gol chegaría, así foi, case o final da primeira parte logramos poñernos por diante no marcador. Este gol foi un auténtico espellismo xa que a segunda parte comezou cun gol en contra, bueno con case tres goles en contra, xa que os meteron en dez minutos. Eu entendo que facía frio, pero tamén o facía para eles. O peor que puidemos facer foi baixar os brazos, porque deixamos que eteran o cuarto e o quinto con moita facilidade. Próximo partido contra o Forcarei, e teño que decir que non teño nada en contra deles, xa que e un equipo plagado de coñecidos e amigos, e sen deixar de desexarlle a mellor das sortes para o que queda desta tempada, hoxalá sexa a xénese dun longo período de victorias.
SÁBADO REUNIÓN NO AVENIDA CON TÓDOLOS XOGADORES, E TAMÉN CON AQUELES QUE QUEIRAN ACUDIR POR SENTIRSE IDENTIFICADOS CO EQUIPO, E QUE QUEIRAN APORTAAR UNHA SOLUCIÓN.
(Información J.M.Diz).

22.Novembro.2005.

A LAMA 2 - PRESQUEIRAS 1
Xa o deixou ben claro Diego Rivas no Libro de Visitas desta páxina. Foi un partido para gañar, claro que non é o primeiro no que nos pasa esto. Xogouse ben, con interés e con ganas, o infortunio fixo que chegara o primeiro gol en contra, pero enseguida fomos quen de remontar, manifestando un certo dominio do partido, sen embargo non chegaba o gol que está a ser a nosa asignatura pendente este ano; o que si chegou foi o 2º de A Lama. O Domingo xogamos na casa contra o Carballedo. IMOS GAÑAR, (eso espero).

(Información J.M.Diz).

14.Novembro.2005.

Presqueiras 1 – Soutomaior 4

As malas noticias continúan, doeme decilo, pero creo que vai ser complicado levantar cabeza. Xa non vou a facer ningún tipo de aclaración acerca de como foi o partido, o que si podo decir e que a pesar do que está a ocorrer, tanto eu como os que conmigo facemos que a S.D. Presqueiras manteña a súa participación no campeonato de Liga, non imos abandonar; imos continuar traballando a pesar das dificultades, aínda que en moitas ocasións a desesperación queira facer a súa labor de levar o traste con todo. Gracias a esta páxina, temos a posibilidade de ir coñecendo cousiñas acerca da S.D. Presqueiras, temos fotos dos comezos do equipo, das finais de copa e dalgunha das míticas celebracións das que tiña oído falar, e incluso participar delas sendo un neno. Pois ben, serve un só vistazo para comprobar a ilusión coa que se iniciou todo aquilo, esa ilusión contáxianos para continuar, quizais algún dos xogadores deberían botarlle un vistazo e haber se así... bueno, mellor calo. Un saúdo e moitas gracias os que fan posible que continuemos (eles xa saben quen son, ademais falarei persoalmente con eles para facelos sabedores da súa importancia).

¡¡¡SORPRESA NA ALINEACIÓN !!!
O PRÓXIMO DOMINGO XOGAMOS CONTRA "A LAMA" E VAI HABER ALGUNHA SORPRESA NA ALIÑACIÓN TITULAR CUN CAMBIO NA DEMARCACIÓN DALGUN XOGADOR, SE AS CIRCUNSTANCIAS O PERMITEN. IMOS GAÑAR DUNHA P. VEZ

(Información J.M.Diz).


07.Novembro.2005.- EMPATE CON SABOR AMARGO

PRESQUEIRAS 1 – PONTECALDELAS 1

Despois de ir gañando todo o partido cedemos, nos últimos minutos, un empate co cal sumamos un punto que resulta insatisfactorio. Deixamos marchar a victoria nunha xogada chea de infortunio e despiste. Se ben o partido comezaba con intensidade e coa ventaxa dun gol a favor, marcado de xeito maxistral por Otero, fomos decaendo pouco a pouco fubolísticamente. Xa na segunda parte reanúdase o encontro sen que foramos quen de demostrar a nosa intención por sentenciar o partido e sí por manter un resultado que, dende logo, non era suficiente. O feito de dispoñer de 5 cambios fixo notar certa melloría no aspecto físico. Hai que comezar a pensar en levantar a cabeza.

Un saúdo a Otero, o noso goleador neste partido (bueno, nalgún máis tamén), que sei que vai a ler esta crónica.

Tamén a Pablo Rivas (Forcarei) que nos visita de vez en cando.

NOTA: O PRÓXIMO DOMINGO VOLVEMOS A XOGAR NA CASA CONTRA O SOUTOMAIOR.
(Información J.M.Diz).

 

31.Outubro.2005

DERROTADOS POR AGOTAMENTO

Unha vez máis, 12 xogadores para un partido no que o baixón físico nos últimos 15 minutos fixo que se perdera un partido que comezamos gañando; ó final 2-1 derrotados.

Amigos meus, non se lle pode pedir máis ós que se presentaron no campo, dérono todo. Posiblemente se poidan gañar partidos, pero unha cousa está clara, non se pode pretender gañar se non se fai nada por mellorar e un equipo que non entrena ten poucas probabilidades se non acuden a cada partido os xogadores suficientes que permitan facer os cambios oportunos para evitar derrotas por agotamento físico.

Parece que para o domingo recuperamos algunha das baixas que temos, polo que pode ser o día para demostrar para o que estamos capacitados.

GRACIAS ÓS QUE NOS APOIAN.
(Información J.M.Diz).

24.Outubro.2005

PRESQUEIRAS 3 - MORAÑA 4

UNHA DERROTA MÁIS (3-4)

Dolorosa derrota a deste domingo por dobre motivo, en primeiro lugar a lesión de Pana (porteiro) que un golpe do balón dobroulle dous dedos, e o non poder aguantar a dor tivo que saír do campo, en segundo lugar porque despois de ir perdendo 3-1 remontamos o partido nunha segunda parte na que o xogo foi espectacular, logrando así o 3-3 para acabar perdendo, como non podía ser doutro xeito, cun penalti en contra que fixo que levaran os tres puntos para Moraña, despois de marcar o cuarto gol. Sempre nos queda a dúbida de se realmente somos merecedores de perder tantos partidos, claro que non vale lamentarse e hai que ir pensando en tomar algunha medida máis drástica, e iso vai ocorrer en breve, comezando pola hora de chegada ós partidos, os entrenamentos, as tarxetas por protestar, e sobre todo a seriedade coa que debemos comezar cada partido, e non esperar a ir perdendo para dalo todo, cando xa é demasiado tarde. Un xa comeza a cabrearse.

INCIDENCIAS:

Ø Esperemos que Pana se recupere axiña .
Ø Para o Domingo recuperamos a Carliños que xa ten curada a brecha aberta na cella contra o Campolameiro.
Ø Tamén regresa Paco, despois dunha sanción de 3 partidos.
Ø Estamos a esperar por Sindo que segue en fase de recuperación da súa lesión de abductores.
Ø Perdemos a Fran cunha lexión e a Diego por expulsión.
O próximo domingo desprazámonos a Figueirido.

(Información J.M.Diz).

 

18.Outubro.2005.

Praderei 3 - Presqueiras 0

SO CON DEZ XAGADORES NO CAMPO (Un día para esquecer).

  Con esto quero decir que as baixas para este partido foron moitas, ata o punto de ter que comezar o partido con 10 xogadores. Merecen un mérito especial os que se presentaron no campo que non fixeron outra cousa que dalo todo. A verdade e que nesa situación non se padía facer máis que tratar de xogar movendo o balón como sabemos, e aguantar ata onde puideramos, así ata o final da primeira parte, na que meteron o primeiro gol. Xa na segunda un penalti en contra, quizais provocado pola impotencia de non poder facer máis, levou o traste as poucas esperanzas que quedaban neste partido. Teño que decir que esta era un partido que a priori podíamos gañar. So podo pedir que se teña paciencia porque de verdade que hai calidade e compromiso nos xogadores para poder facer máis.

(Información J.M.Diz).

11.Outubro.2005.

Presqueiras 2 - Campolameiro 1

                       POR FIN DOUS GOLES E TRES PUNTOS

            Xogouse este domingo un partido, a priori complicado, ante o lider do grupo e que busca o ascenso nesta tempada. Pois ben, comeza o partido cun Presqueiras moi metido no mesmo sen intención de regalar nada, pero todo se volve costa arriba cando un penalti en contra leva o primeiro gol ó marcador para o Campolameiro. Aínda así fomos quen de non baixar os brazos, defendemos con agresividade, presionabamos con insistencia, tiñamos ocasións claras de gol pero era imposible; por fin o gol apertura cara a banda con pase de Carmelo, centro de Fran e gol de Michel (Ferreiro). Decididos a ir polo partido decidimos xogar con só tres defensas e introducimos un dianteiro máis, logramos así meter o Campolameiro na súa parcela. Nunha internada de Carmelo na área, penalti ó noso favor; lanza Michel, para o porteiro e o rechace cae nos pés de Otero que levou o segundo gol ó marcador para o Presqueiras.

          Ánimo a Carliños que tivo un pequeno percance. Nunha xogada na área recibiu un codazo por parte dun defensa do Campolameiro e abriu unha brecha na cella, trasladámolo ó PAC de Cerdedo onde lle deron catro puntos. Esperemos que se recupere axiña.

(Información J.M.Diz).

04.Outubro.2005

       A directiva da S.D. Presqueiras anda na procura de presupostos para a colocación de acumuladores de auga quente coa fin de atopar o máis axeitado ó arzamento co que contamos, que hoxe por hoxe se limita a recaudación aínda sen rematar de publicidade así como, a de posibles socios ós que empezaremos a cobrarlle a partir da próxima semana a cuota de 12 euros.

       Unha das nosas prioridades e solucionar este problema relacionado coa auga quente e co escaso caudal que recibimos nos vestiarios, xa que non queremos que chegado inverno os equipos visitantes leven unha mala imaxe de Presqueiras, nin tampouco que por culpa de non ter auga quente suficiente sexa un problema para os nosos xogadores. Unha vez conseguidos os presupostos, buscaremos tamén a colaboración económica doutras institucións, que por pequena que sexa seguro que nos virá moi ben.

       Un saúdo.(Información J.M.Diz).

03.Outubro.2005,-  

     NEGADOS DE CARA Ó GOL

       Un comeza a pensar se é cousa de meigas, o caso é que a pesares das ocasións non somos capaces de marcar un gol, ese está a ser o gran problema. Así este domingo en San Tomé un tiro o longueiro, un rozando o poste, solos cara o porteiro e vai as nubes etc...nada que non entraba. Xa entrados na segunda parte nun contraataque do contrario cometemos unha falta que para sorpresa de todos foi penalti, e aínda que Pana (o porteiro) rozou o balón non puido impedir o gol. A desesperación invadiunos e coas protestas gañamos unha tarxeta por parte de Paco que logo nunha falta viu a segunda polo quedamos con 10 a partir do minuto 12 da segunda parte (según acta arbitral). As intencións dos xogadores por levantar o partido quedaron patentes cando, a pesares de atoparnos en inferioridade numérica seguimos sen baixar os brazos e pelexando polo gol que definitivamente non chegou.

          O próximo domingo xogamos contra o Campolameiro, trataremos de sacar un bo resultado aínda que será complicado porque este equipo é un dos clubes que estivo a punto de ascender o ano pasado e de seguro que esta vez vai tratar de conseguilo.

         Noutra orde de cousas estamos esperando a chegada de Carmelo que de seguro lle dará a este equipo ese pequeno empuxe que lle falta para lograr o gol.

(Información J.M.Diz).

26.Setembro.2005 .-  

     DERROTA DESESPERANTE.

        Nova derrota do Presqueiras que, no seu segundo partido de liga segue sen acerto ante a portería contraria, a pesares das ocasións. Seguimos sen facer bo fútbol, sen aproveitar as nosas poucas virtudes. O San Xurxo, aínda que sen ser moi superior si puido gañar un partido no que logrou levar o balón ó fondo da rede en dúas ocasións. Ámbolos dous goles chegaron na segunda parte; o primeiro ven precedido dun erro defensivo. A partir dese intre o Presqueiras quixo remontar e intentouno con máis gañas que acerto, froito desa insistencia prodúcese o penalti, claro que nun día no que o balón non quería entrar na portería do San Xurxo, neste caso non ía ser menos, así que de un posible empate pasamos a un contraataque que nos sorprendeu desesperados polo fallo do penalti, que acabou co 2º gol na nosa meta, seguido do pitido final.

        Hai moito que mellorar, o que sí non se lle vai reprochar ós xogadores é a seriedade de cada partido. ¡¡¡ANIMO!!! Pronto empezaremos a gañar partidos.

       ALINEACIÓN:

        Pana, Paco, Diego, Sindo, Paquiño, Otero, Jorge, Alex, Cendón, Sergio, Bruno.

        Banquillo:

Michel, Juan, Jose R., Carlos, Fran.

        Un saúdo a Juan na súa primeira tempada como xogador do Presqueiras, que sei que ó igual que Jorge visita tódalas semanas a esta páxina. Espero que ese pequeno percance na rodilla estea xa recuperado.

(Información J.M.Diz).

19.Setembro.2005. TENORIO C.F. 3 – PRESQUEIRAS 0

Navidades anticipadas en Tenorio

O Presqueiras chegou a Tenorio igual que Papa Noël en Nadal, cun trineo cargado de regalos, en concreto tres goles e tres puntos que lle deixou para o seu disfrute.

       Sabedores das baixas coas que se afrontaba o primeiro partido de liga e a falta de cambios, xa que só había duas posibilidades; o Presqueiras era consciente de que tiña que aguantar o partido. Na primeira parte, a pesares do gol do Tenorio deuse a imaxe dun equipo dificil de batir, que non creaba xogo pero tampouco deixaba crear.

     Ós xogadores do Presqueiras facíaselle complicado baixar o balón, para poder facer o xogo o que viñan acostumados o longo da pretempada pero tratou, en todo momento, de manter a posición en tódalas liñas, aínda que as baixas obrigaran a reestructurar o equipo facendo que alguns xogadores estiveran fora da súa posición natural. Na segunda parte fíxose máis complicado aguantar polo cansazo dalguns xogadores, o que nos debilitou no aspecto defensivo, así, o Tenorio, que non deixou de bombear balóns, facendo uso do xogo aéreo, logrou en dous claros erros nosos marcar o segundo e o terceiro gol.

      Comezar cunha derrota pode non ser moi positivo, pero temos que pensar nas nosas posibilidades; pido paciencia porque este equipo pode facer algo máis.

      Un saúdo a todos os que visitades desta páxina (entre eles Jorge, o noso extremo dereito, que o fai tódalas semanas) .

(Información J.M.Diz).

11.Setembro.2005 . S.D. PRESQUEIRAS 7 - PASARÓN 2


      Dominio absoluto do Presqueiras.

      O equipo saiu concentrado e coa lección do control e a seriedade ben aprendida. O Pasarón perseguiu os xogadores do Presqueiras que movian o balón con total soltura e certeza en cada pase; enseguida chegou o primeiro gol, e así ata sete. Na segunda parte cabe destacar o cambio de porteiro por non poder continuar o PANA que tivo que marchar; o seu sustituto (un servidor), aínda que fixo o que puido, non logrou evitar os dous goles do Pasarón, (supoño que se me perdoará).

      O que lle facía falla ó Presqueiras nos últimos anos era unha piña, un grupo, un conxunto, ante todo “ser colegas”, xusto o que pode atopar calquera aficionado que se achegue a ver os partidos. Pouco a puco fomos construíndo un EQUIPO.

      O longo da pretempada foise collendo o ritmo, logramos mover o balón con velocidade e defendemos con propiedade, vale que non perdemos ningun partido, agora ben, as victorias na pretempada serven para darnos confianza, non tranquilidade, que é moi perniciosa. Debemos manter a concentración e a tensión precisa en cada partido ; non esquezamos que a tempada comeza o próximo domingo 18 de setembro, será entón cando poderemos comprobar as verdadeiras posibilidades da S.D. Presqueiras dentro da realidade da liga.

(Información J.M.Diz).

29.Agosto.2005.- Presqueiras 2 - Bandeira 0

      Segundo partido de pretempada:

      Victoria do Presqueiras ante o Bandeira 2-0 con goles de Cendón (1-0) e Jorge (2-0). A marxe do resultado, o importancia do partido establécese na orde táctica que mantivo o equipo e que supuxo lograr o dominio do partido ata o final, tivérose un gran número de ocasións. Se ben seguimos mostrando unha gran debilidade no aspecto físico dalguns xogadores, o que repercute na calidade de xogo, xa que se fai complicado manter a concentración. Trataráse de mellorar.
Alineación: Porteiro: José Manuel; Defensa: Diego Rivas, Paco, Paquiño, Jose Rivas. Medios: Otero, Sergio, Jorge, Alex. Dianteiros: Bruno, Cendón. Suplentes: Fran, Luis.

(Información J.M.Diz).

25.Agosto.2005 .- Temos xa confirmado cal será o partido de pretempada que xogaremos o domingo 11 de setembro. S.D. PRESQUEIRAS - PASARÓN, en Presqueiras . (Información J.M.Diz).

22.Agosto 2005.- Teño un correo, de José Manuel Diz, que como todos sabedes, fai de adestrador, xogador de campo, porteiro,masaxista, a parte de levar todo o relacionado coa organizacion (mantemento do campo, economía perruqueria!!!! e o que faga falta) ,que me di o seginte:

       Infórmoche que seguimos coa pretempada así que o próximo domingo xogamos contra a S.D. Bandeira de Silleda e o domingo 4 de setembro temos un partido contra o COMBARRO, os dous partidos en Presqueiras; quédanos pendente por confirmar o domingo 11. O Campionato de Liga comeza o 18 de setembro, na primeira xornada desprazámonos a Tenorio, temos moitas esperanzas para esta Tempada, esperamos ter o Equipo completo para ese día. Ánimo ós socios que cada vez e máis dificil manter ó equipo no aspecto económico.

       Ata ese día temos pendente:

O desbroce dos arredores do campo.
O pintado de vestiarios, ademais da reposición dos percheiros.
O arranxo de portal da entrada.
Os quentadores de auga.
A instalación de tuberías que romperon o ano pasado.
Asusta un pouco pero terémolo listo. UN SAÚDO

 

 


Copyleft @ Nero.-
| | Contacta |